Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 19056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2019/52 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMT cruzamento PAL806 Coto 6, con autovía Lugo-Santiago (A-54). Tramo enlace de Palas-enlace de Melide Sur (Palas de Rei).

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas:

Actuación (p.q. 5+200):

• Instalación dun apoio proxectado tipo FL-C-2000-14 e retensado dun van de 61 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56.

Actuación (p.q. 7+630):

• Liña de media tensión aérea PAL 806 Coto 6, con orixe no apoio nº 2 proxectado tipo AM-C-2000-18 e final no apoio nº 3 proxectado tipo FL-C-3000-14, cunha lonxitude de 138 metros en condutor tipo LA-56.

• Liña de media tensión aérea a PAL 806 Coto 6, con orixe no apoio nº 1 proxectado tipo FL-C-3000-14 e final no apoio existente B5DI41JE//62-4, cunha lonxitude de condutor retensado de 128 metros tipo LA-56.

• Liña de media tensión soterrada PAL 806 Coto 6, con orixe no apoio nº 3 proxectado tipo FL-C-3000-14 e final nu apoio proxectado nº 1 tipo FL-C-3000-14, cunha lonxitude de 124 metros de condutor tipo RHZ1-2OL 1×240 mm².

Actuación (p.q. 9+720):

• Liña de media tensión aérea PAL 806 Coto 6, con orixe no apoio existente NºB60RDNFF//42-9 e final no apoio nº 3 proxectado tipo FL-C-2000-16, cunha lonxitude de 284 metros en condutor tipo LA-56.

• Liña de media tensión aérea PAL 806 Coto 6, con orixe no apoio nº 1 proxectado tipo FL-C-2000-16 e final no apoio existente B6HG78LC//42-14, cunha lonxitude de condutor de 314 metros tipo LA-56.

• Liña de media tensión soterrada PAL 806 Coto 6, con orixe no apoio nº 3 proxectado tipo FL-C-2000-16 e final nu apoio proxectado nº 1 tipo FL-C-2000-16, cunha lonxitude de 140 metros de condutor tipo RHZ1-2OL 1×240 mm².

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

De conformidade co establecido na disposición adicional oitava do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo lo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, o referido prazo para a interposición do recurso segundo o disposto na resolución, computarase desde o día seguinte hábil á data de finalización da declaración do estado de alarma, con independencia do tempo que transcorrese desde a notificación da actuación administrativa obxecto do recurso ou impugnación con anterioridade á declaración do estado de alarma.

O antedito enténdese sen prexuízo da eficacia e executividade do acto administrativo obxecto de recurso ou impugnación.

Lugo, 8 de abril de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo