Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 19048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 2020 polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación e mellora das instalacións de Exlabesa, así como das disposicións normativas contidas no dito proxecto.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de marzo de 2020, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación e mellora das instalacións de Exlabesa.

2. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xaneiro de 2016, polo que se declara de incidencia supramunicipal o devandito proxecto sectorial, os planeamentos dos concellos de Padrón e Rois (A Coruña) quedan vinculados ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

De conformidade co artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, modificada pola disposición adicional 2ª da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, publícanse como anexo a esta resolución as disposicións normativas do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación e mellora das instalacións de Exlabesa.

De conformidade co artigo 32 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, facilítase a seguinte información:

• Mediante Anuncio do 19 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (publicado no DOG nº 118, do 22 de xuño), fíxose público o informe ambiental estratéxico e de impacto ambiental do citado proxecto sectorial, formulado pola dita dirección xeral mediante Resolución do 18 de maio de 2017.

• O citado proxecto sectorial, debidamente dilixenciado para facer constar a súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta de Galicia, estará á disposición do público no seguinte enderezo da internet:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-industriais

Contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación no DOG desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación no DOG desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Disposicións normativas do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación e mellora das instalacións de Exlabesa

1. Introdución.

O presente documento constitúe a análise da relación do contido do proxecto sectorial co planeamento urbanístico vixente integrante do proxecto sectorial de Exlabesa, de conformidade co establecido no artigo 10.c) do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e no artigo 17 do Doc. da normativa do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG).

Neste documento, ademais da análise da relación do contido do proxecto sectorial co planeamento urbanístico vixente, xustifícanse e detállanse as modificacións que o proxecto sectorial propón. Para este fin, e tal e como establece o artigo 16 do Doc. da normativa do PSOAEG, deberá solicitarse información urbanística municipal emitida polos concellos afectados. Indicaranse, tanto na memoria como nos planos, o planeamento vixente no concello ou concellos afectados, a clasificación e cualificación da totalidade dos terreos, e a nova clasificación proposta.

2. Planeamento municipal vixente dos municipios afectados.

O ámbito do proxecto sectorial afecta os termos municipais de Padrón e Rois (A Coruña), polo que nos puntos seguintes se describen as determinacións dos planeamentos municipais vixentes, nos terreos afectados polo sector F. quinta, nos citados municipios.

2.1. Plan xeral de ordenación urbana de Padrón.

O termo municipal de Padrón dispón, como instrumento de ordenación municipal, dun Plan xeral de ordenación urbana (PXOU), aprobado definitivamente no ano 1994.

2.1.1. Clasificación do solo.

Os terreos do presente proxecto sectorial atópanse clasificados como solo urbanizable non programado de uso industrial (SUNP-I) a zona que actualmente se atopa edificada e como solo non urbanizable común (NU).

Ao oeste do SUNP-I e lindando con el, o PXOU de Padrón delimita unha pequena zona destinada a equipamento sen uso específico (EO). Pola zona media do sector o PXOU representa o trazado dun gasoduto, que na actualidade discorre por unha vía pública, e pola zona nordés do sector clasifica as marxes do regato Barranco como solo non urbanizable de protección de ríos, regatos e zonas húmidas (SF).

Por outra parte, no ano 2008 a Asociación de Empresarios da Picaraña promoveu o desenvolvemento do solo urbanizable non programado industrial (SUNP-I) no Plan xeral de ordenación municipal de Padrón de 1994, mediante a redacción e tramitación dun plan de sectorización do solo urbanizable non programado de uso industrial (SUNP-I). Este plan de sectorización superou todas as fases previas á aprobación definitiva, pero non obtivo a dita aprobación, polo que o solo mantén a clasificación establecida no PXOU de 1994.

2.1.2. Determinacións.

A normativa do PXOU de Padrón establece para o ámbito do solo urbanizable non programado industrial (SUNP-I) as condicións urbanísticas para o desenvolvemento dos correspondentes PAU (programa de actuación urbanística). Porén, tendo en conta que o PXOU vixente de Padrón é do ano 1994 e, polo tanto, non adaptado á LSG (Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia), no ámbito do SUNP-I serán de aplicación as condicións derivadas da aplicación da disposición transitoria primeira (DT-1ª), ordinal 2º, da LSG, relativa ao «réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento».

2.2. Plan xeral de ordenación municipal de Rois.

O termo municipal de Rois conta cun Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), aprobado definitivamente o 21 de xaneiro de 2002.

2.2.1. Clasificación do solo.

No dito documento, os terreos comprendidos no sector do termo municipal de Rois atópanse clasificados como solo rústico apto para urbanizar e unha pequena superficie como solo rústico de protección de leitos (río Sar).

Conforme o disposto no artigo 20.17 da normativa urbanística do PXOM de Rois, en solo rústico apto para urbanizar poderán, mediante convenio, implantarse actuacións de uso residencial ou actuacións de uso industrial. No citado artigo establécense as condicións e os requisitos que deberá cumprir cada un dos usos citados.

Por outra parte, o límite dos municipios de Padrón e Rois afecta as edificacións que a empresa Exlabesa ten ao oeste da Picaraña. Estas edificacións atópanse divididas polo límite dos municipios de Padrón e Rois e a elas accédese principalmente polo termo municipal de Padrón. Para regularizar a situación citada asinouse unha acta de deslindamento entre ambos os municipios, pola cal a totalidade das edificacións da empresa Exlabesa localizadas ao oeste da Picaraña pasan a pertencer ao termo municipal de Rois.

Para incorporar este novo ámbito ao proceso de desenvolvemento urbanístico redactouse un plan de sectorización de uso industrial, no termo municipal de Rois, que se atopa pendente de aprobación definitiva.

Polo tanto, na delimitación do ámbito de planeamento tívose en conta a modificación do límite municipal citado e na ordenación as determinacións do plan de sectorización, para tratar de homoxeneizar as condicións de edificación e uso e, en definitiva, establecer a ordenación integral do ámbito.

2.2.2. Determinacións.

O artigo 20.17 da normativa do PXOM de Rois establece as condicións para o desenvolvemento do solo rústico apto para urbanizar de uso residencial e de uso industrial. Porén, tendo en conta que o PXOM vixente de Rois se aprobou definitivamente no ano 2002 pero non se atopa adaptado ás determinacións da Lei 9/2002 (Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia), será polo tanto de aplicación o establecido na disposición transitoria primeira, ordinal 2º, da LSG, relativa ao «réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento».

3. Réxime aplicable aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 2/2016 (LSG).

Dado que nin o PXOU de Padrón nin o PXOM de Rois se atopan adaptados á vixente Lei 2/2016 nin á anterior Lei 9/2002, nos ámbitos destes municipios afectados polo proxecto sectorial serán de aplicación as condicións que derivan do establecido na disposición transitoria primeira, ordinal 2º, da LSG, relativa ao «réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento».

3.1. Municipio de Padrón.

Ao ser o PXOU de Padrón de 1994 e, polo tanto, non adaptado á Lei 2/2016 nin á anterior Lei 9/2002, no ámbito serán de aplicación, polo tanto, as condicións establecidas na disposición transitoria primeira, ordinal 2º, da LSG, relativa ao «réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento», seguintes:

• Punto 2.b) da DT-1ª da LSG onde di, referíndose ao solo urbanizable non programado: «Ao solo urbanizable non delimitado, apto para urbanizar ou rústico apto para desenvolvemento urbanístico, aplicaráselle o disposto na presente lei para solo rústico».

Polo tanto, á zona do ámbito clasificada en aplicación das determinacións do PXOU de Padrón como solo urbanizable non programado industrial, por estar incluído nas concentracións parcelarias da Escravitude, sector I e II, e de Santa María de Cruces, aplicaráselle o réxime do solo rústico de protección agropecuaria establecido no artigo 34 da LSG.

• Punto 2.d) da DT-1ª da LSG, relativo ao solo non urbanizable común: «Ao solo non urbanizable ou solo rústico aplicaráselle o disposto na presente lei para o solo rústico».

Polo tanto, ao solo non urbanizable común establecido no PXOU de Padrón, por estar incluído nas concentracións parcelarias da Escravitude, sector I e II, e de Santa María de Cruces, aplicaráselle o réxime do solo rústico de protección agropecuaria establecido no artigo 34 da LSG; ao solo non urbanizable de protección de ríos, regatos e zonas húmidas do PXOU de Padrón aplicaráselle, ademais, o réxime do solo rústico de protección de augas establecido no artigo 34 da LSG e ao solo derivado da afección dos gasodutos de Enagás e Vilalba-Tui que atravesan o ámbito, o réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas.

3.2. Municipio de Rois.

O PXOM de Rois aprobouse definitivamente no ano 2002 e, polo tanto, o plan xeral non se atopa adaptado á Lei 2/2016 nin tampouco se atopa adaptado á Lei 9/2002, polo que neste municipio tamén serán de aplicación as condicións derivadas da aplicación da disposición transitoria primeira, ordinal 2º, da LSG, relativa ao «réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento», seguintes:

• Punto 2.b) da DT-1ª da LSG onde di, referíndose ao solo apto para urbanizar: «Ao solo urbanizable non delimitado, apto para urbanizar ou rústico apto para desenvolvemento urbanístico, aplicaráselle o disposto na presente Lei para solo rústico».

Polo tanto, á zona do ámbito clasificada en aplicación das determinacións do PXOM de Rois como solo apto para urbanizar e por estar incluído en terreos nas concentracións parcelarias da Escravitude, sector I e II, e de Santa María de Cruces, aplicaráselle o réxime do solo rústico de protección agropecuaria establecido no artigo 34 da LSG.

• Punto 2.d) da DT-1ª da LSG relativo ao solo rústico de protección de leitos: «Ao solo non urbanizable ou solo rústico aplicaráselle o disposto na presente lei para o solo rústico».

Polo tanto, ao solo rústico de protección de leitos establecido no PXOM de Rois aplicaráselle, ademais, o réxime do solo rústico de protección de augas establecido no artigo 34 da LSG.

4. Análise de discrepancias entre o proxecto sectorial e o planeamento vixente.

O proxecto sectorial respecta as determinacións establecidas nos planeamentos municipais vixentes dos concellos de Padrón e Rois.

4.1. PXOU de Padrón.

O PXOU de Padrón clasifica o ámbito do proxecto sectorial de Exlabesa como solo urbanizable non programado industrial e como solo non urbanizable común. Ademais dos pequenos espazos, clasifícanse como equipamento sen uso especifico (enténdese que en solo non urbanizable) e as marxes do regato Barranco como solo non urbanizable de ríos, regatos e zonas húmidas.

Ao aplicar a disposición transitoria primeira da LSG (planeamento de Padrón non adaptado á Lei 2/2016 nin á Lei 9/2002) ao planeamento de Padrón, o ámbito do proxecto sectorial quedaría clasificado como solo rústico de protección das augas e solo rústico de protección agropecuaria. O equipamento mantería a cualificación de equipamento en solo rústico.

Sobre a última clasificación de solo descrita, que é a que se debe adoptar para efectos comparativos, as discrepancias entre o proxecto sectorial e o planeamento serían as seguintes:

• O solo rústico de protección agropecuaria debe modificarse a solo urbanizable industrial.

• O solo rústico de protección de augas manterá a mesma clasificación de solo rústico de protección das augas.

4.2. PXOM de Rois.

O PXOM de Rois clasifica os terreos comprendidos no sector como solo rústico apto para urbanizar e unha pequena superficie como solo rústico de protección de leitos (marxes do río Sar).

Ao aplicar a disposición transitoria primeira da LSG (planeamento de Rois non adaptado á Lei 2/2016 nin á Lei 9/2002) ao planeamento de Rois, o ámbito quedaría clasificado como solo rústico de protección agropecuaria e como solo rústico de protección de augas as marxes do río Sar.

Sobre a última clasificación de solo descrita, que é a que se debe adoptar para efectos comparativos, as discrepancias entre o proxecto sectorial e o planeamento serían as seguintes:

• O solo rústico de protección agropecuaria debe modificarse a solo urbanizable industrial.

• O solo rústico de protección de augas manterá a mesma clasificación de solo.

5. Nova clasificación proposta.

Como se expuxo anteriormente, os terreos comprendidos no ámbito do proxecto sectorial deberán ser clasificados nos planeamentos municipais de Padrón e Rois:

• Todo o ámbito do proxecto sectorial se clasifica como urbanizable, sen manter as actuais áreas de solo rústico de protección das augas dos planeamentos municipais que foron substituídas polo réxime transitorio da LSG.