Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 20 de abril de 2020 Páx. 18519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas do concello da Arnoia (Ourense), e se autoriza a transmisión daqueloutras da súa titularidade que xa dispoñen de autorización de explotación.

Vista a solicitude presentada nesta xefatura territorial polo Concello da Arnoia, R.E. nº 77 de data do 21.1.2020 (RX115267), en demanda de efectuar os trámites administrativos, cos requirimentos legais que se indican na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, para todas aquelas instalacións eléctricas que compoñen a súa rede eléctrica, que opera de facto como rede exclusiva de distribución en todo o concello e tamén na parroquia de Meréns, concello de Cortegada, e co fin último de que poidan seguir operando, logo de realizar a correspondente transmisión, por empresa distribuidora legalizada como tal e dada de alta no correspondente Rexistro Administrativo de Distribuidores de Enerxía Eléctrica, rexistro de competencia da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (en diante Ministerio), solicitude que se acompaña da documentación técnica que mais abaixo se indica.

Vista ao mesmo tempo a solicitude que presenta a empresa Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U., R.X. nº 2020/595812, na data do 16.3.2020, para o outorgamento da autorización administrativa previa á transmisión daqueles activos de distribución eléctrica que o Concello da Arnoia ten legalizados, e que se identifican dentro da presente resolución como instalacións do bloque I, a cal inclúe documentación que acredita a capacidade legal, técnica e económica do solicitante, así como a declaración do actual titular da instalación en que manifesta a súa vontade de transmitir aquelas.

Esta xefatura territorial ten en conta os seguintes:

Feitos.

Primeiro. Entre os anos 1986 e 2007, ao abeiro da regulamentación en vigor en cada momento (Real decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica), esta xefatura territorial outorgou as autorizacións administrativas e as autorizacións de posta en marcha, a nome do Concello da Arnoia, das instalacións eléctricas que se indican no citado bloque I. Estas instalacións, como se indicou, veñen funcionando de facto como redes de distribución e é o propio Concello o responsable da súa operatividade, mantemento e conservación e, ao mesmo tempo, é o propio Concello quen factura os consumos aos aboados, para logo liquidar a demanda rexistrada no punto fronteira situado na Reza, concello da Arnoia, que enlaza as instalacións propias coa rede de UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo. Coa publicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, hoxe derrogada en parte pola actual Lei do sector eléctrico, Lei 24/2013, do 26 de decembro, iniciouse o proceso de liberalización do sector eléctrico, diferenciando entre actividades reguladas (transporte e distribución) daqueloutras liberalizadas (produción e comercialización) e establecendo a obriga da separación xurídica para cada unha delas e, mais concretamente, as empresas que exerzan como distribuidoras ou ben como comercializadoras deben cumprir cos requisitos que se estableceron en cada caso, ademais de estaren inscritas nos correspondentes rexistros administrativos creados polo Ministerio.

Conforme o anterior, o Concello da Arnoia xa fora requirido no 13.6.2007 por esta xefatura territorial para que cumprise de forma axeitada coas obrigas sinaladas no parágrafo anterior.

Terceiro. Atendendo aos requirimentos efectuados pola nosa parte e tamén desde a propia consellería e en prol de iniciar os trámites para adaptarse á normativa actual, no 21.12.2017 a Xunta de Goberno do Concello da Arnoia aprobou o inicio do expediente de alleamento dos activos da súa titularidade adscritos á actividade de distribución de enerxía eléctrica para os efectos de que, unha vez realizada a transmisión, poida seguir operando por empresa eléctrica distribuidora que cumpra cos requisitos legais. O concurso público aberto para os ditos efectos foi resolto mediante a adxudicación provisional aprobada polo Concello no 5 de setembro de 2018, coas formalidades que deberá cumprir a empresa adxudicataria que figuran no prego condicións económico-administrativas, aprobado polo goberno local na data do 11.7.2018.

Cuarto. Como condición previa, as instalacións que se transmitan deben estar homologadas para distribución e adaptadas á citada Lei 24/2013, do sector eléctrico, sendo de competencia desta xefatura territorial resolver ao respecto.

Realizada a transmisión, como sinala a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas en escrito do 1.2.2019 a Electra Alto Miño, S.A., empresa que resultou adxudicataria provisional do concurso antes mencionado, esta operación de adquisición de activos necesarios para o desenvolvemento das actividades reguladas debe poñerse en coñecemento da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC), órgano que ten atribuída provisionalmente a competencia en virtude do sinalado na disposición adicional terceira do Real decreto lei 9/2013, do 12 de xullo, polo que se adoptan medidas urxentes para garantir a estabilidade financeira do sistema eléctrico.

No mesmo senso xa se pronunciou a CNMC, en comunicación que na data do 22.2.2019 dirixe a Electra Alto Miño, S.A., tendo carácter ex post a resolución que adopte este órgano como consecuencia da transmisión de activos de distribución, iso ao abeiro da disposición adicional novena da Lei 3/2013, do 4 de xuño, de creación da dita CNMC.

Quinto. Documentación técnica presentada polo Concello da Arnoia:

Acompañando o escrito arriba sinalado, o Concello presenta a documentación que a seguir se indica, a cal se separa en dous bloques distintos: o primeiro, que se corresponde coas instalacións que se inclúen no bloque I, abrangue aquelas que, identificadas polo seu número de expediente, xa viñan operando logo do outorgamento da autorización de posta en servizo outorgada no seu día por esta xefatura territorial; e o segundo (bloque II), sinala aqueloutras instalacións que, malia a súa antigüidade, non están suficientemente documentadas e, por tanto, deben iniciar trámites cumprindo os requisitos do artigo 53 da Lei 24/2013 e tamén do título VII do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, coa simplificación dos procedementos prevista na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo).

Bloque I. Para cada unha destas instalacións achégase a seguinte documentación:

– Memoria técnica asinada por Santiago Suárez Suárez, enxeñeiro industrial colexiado nº 1708 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, descritiva da localización e características das instalacións, que inclúe esquemas unifilares e planos de detalle.

– Certificado asinado polo enxeñeiro técnico industrial Emilio García Baña, colexiado nº 2065 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (Coeticor), que acredita para cada caso o cumprimento da lexislación e normativa técnica en vigor no momento da posta en servizo de instalacións, a súa antigüidade, vida útil e a compatibilidade coa normativa urbanística vixente de aplicación no concello da Arnoia.

– Declaracións responsables de habilitación e competencia dos técnicos actuantes.

– Revisión regulamentaria co resultado de conforme emitida por un organismo de control.

– Liquidación de taxas.

Nº de expediente

Denominación

Características actuais

APM

02059-AT

CT en Meréns

CT aéreo de 100 kVA, r/t: 20/0,380 kV, illamento en aceite mineral (EAA015).

30.1.1986

02162-AT

CT na Paixón; CT A Reza e acometidas

– LMT, CT A Paixón. Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 13 m de lonxitude (1 apoio) en condutor tipo LA-30, con orixe no apoio EAD-32 da LMT G-16 (expte. nº 3063-AT) e final no CT A Paixón (EAA007), intemperie sobre apoio de formigón, de 160 kVA e r/t: 20/0,380 kV.

– LMT, CT A Reza. Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 51 m de lonxitude (2 apoios) en condutor LA-30, con orixe no apoio EAD-5 da LMT G-1 (expte. nº 3063-AT) e final no CT A Reza (EAA001), intemperie sobre apoio de formigón, de 100 kVA e r/t: 20/0,380 kV.

6.3.1986

02729-AT

LMT a CT Meréns

Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 1.461 m de lonxitude (11 apoios) en condutor tipo LA-30, con inicio en apoio EAD-90 (LMT G 41 CT Lapela EAA014, expte. nº 2731-AT) e final en CT Meréns, expte. nº 2059-AT).

25.2.1987

02730-AT

CT de Remuíño e acometida

LMT, CT Remuíño. Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 267 m de lonxitude (3 apoios) en condutor LA-30, con orixe no apoio EAD-80 da LMT G-31 (expte. nº 2731-AT) e final no CT Remuíño (EAA013), intemperie sobre apoio de formigón, de 100 kVA e r/t: 20/0,380 kV, illamento en aceite mineral.

2.10.1986

02731-AT

CT Lapela e acometida

LMT, CT Lapela. Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 1.411 m de lonxitude (14 apoios) en condutor LA-30, con orixe no apoio EAD-74 da LMT G-27 (expte. nº 3316-AT) e final no CT Lapela (EAA014), intemperie sobre apoio de formigón, de 50 kVA e r/t: 20/0,380 kV, con illamento en aceite mineral.

18.12.1989

02732-AT

CRPM de A Reza-A Arnoia

CRPM. Centro de recepción, protección e medida; interconexión coa rede de UFD en 20 kV; celas: 1M (UFD)+1L/matrículas 32PM56 (UFD) e EAC001 (A Arnoia).

30.10.1986

02964-AT

CT Queixeiras e acometida

LMT, CT Queixeiras. Liña eléctrica aero-subterránea a 20 kV, de 153 m (2 apoios) en aéreo, condutor tipo LA-30, con orixe no apoio EAD-45 (LMT G-21 do expte. nº 3063-AT) e final no PAS do apoio EAD-47, para rematar en soterrado en condutor RHZ1-2OL 12/20kV 1×95 mm2 Al, de 23 m de lonxitude con final no CT Queixeiras (EAC003) tipo pé de poste en envolvente prefabricada de formigón, de 250 kVA e r/t: 20/0, 400 kV, illamento en aceite mineral.

10.11.1987

03063-AT

LMT A Oliveira

LMT A Oliveira. Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 2.581 m de lonxitude (23 apoios) en condutor tipo LA-30, con orixe no CRPM A Reza (EAC001) do expte. nº 02732-AT e final en apoio EAD-41 (LMT G 23); potencia máxima admisible: 4,83 MVA.

18.12.1987

03315-AT

CT Carnós e acometida

LMT, CT Carnós. Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 115 m de lonxitude (1 apoio HV 12/1000) en condutor LA-30, con orixe no apoio EAD-49 da LMT ao CT O Rial do expte. 03316-AT, e final no CT Carnós (EAA009), intemperie sobre apoio de formigón, de 25 kVA e r/t: 20.000/400-230 V, con illamento en aceite mineral.

27.12.1989

03316-AT

LMT a CT Lapela (tramo inicial). LMT O Outeiro-O Rial

– LMT a CT Lapela (tramo inicial). Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 448 m de lonxitude (4 apoios) en condutor tipo LA-30, con orixe no apoio EAD-41 (LMT G 23 nº expte. 03063-AT) e final en apoio EAD-74 (LMT G 27); potencia máxima admisible: 4,83 MVA.

– LMT O Outeiro-O Rial. LMT a 20 kV, de 793 m de lonxitude (7 apoios) en condutor tipo LA-30, con orixe no apoio EAD-41 (LMT G 23-expte. nº 03063-AT) e final no apoio EAD-108 (CT O Rial expte. nº IN407A 2020/11-3).

23.3.1990

03511-AT

CT Laixas (San Amaro) e acometida

LMT, CT Laixas. Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 35 m de lonxitude (1 apoio) en condutor tipo LA-30, con orixe no apoio EAD-27 (LMT G 10-expte. nº 3063-AT) e final en apoio EAD-27b (CT Laixas-EAA006), CT intemperie de 100 kVA de potencia aparente e r/t: 20.000/380 V, con illamento en aceite mineral.

26.4.1994

03649-AT

CT O Pomar e acometida

LMT, CT O Pomar. Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 130 m de lonxitude (1 apoio) en condutor tipo LA-30, con orixe no apoio EAD-74 (LMT G 27-expte. nº 3316-AT) e final no CT O Pomar (EAA011), CT intemperie de 160 kVA de potencia aparente e r/t: 20.000/380 V, con illamento en aceite mineral.

31.5.1991

1994/058

LMT, CT Balneario (Vila Termal)

LMT, CT Balneario (Vila Termal). Liña eléctrica a 20 kV, de 777 m en aéreo (7 apoios) e 23 m de subterráneo, en condutores tipo LA-56 e RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al, respectivamente, con orixe en aéreo no apoio EAD-9 (LMT G 4 do expte. nº 03063-AT) e final logo do P.A.S. no CT Balneario (EAC002), CT en caseta con manobra exterior, de 630 kVA de potencia aparente e r/t: 20.000/400 V, con 3 celas 2L+P (corte e illamento en SF6).

15.1.1999

2007/243

LMT, CT Inquiau

LMT, CT Inquiau. Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 72 m de lonxitude (2 apoios) en condutor tipo LA-30, con orixe no apoio EAD-77 (LMT G 29-expte. nº 2731-AT) e final no CT Inquiau (EAA012), CT intemperie de 100 kVA de potencia aparente e r/t: 20.000/380 V, con illamento en aceite mineral.

28.12.2007

Bloque II. Para cada unha destas instalacións achégase a seguinte documentación:

– Proxecto técnico asinado por Santiago Suárez Suárez, enxeñeiro industrial colexiado nº 1708 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, redactado seguindo os requirimentos da normativa técnica actual de aplicación e, en particular, o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e a súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas de alta tensión e a súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

– Declaración responsable para autorización administrativa de construción (alínea 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013).

– Declaración responsable de habilitación e competencia do técnico actuante.

– Declaración responsable do Concello da Arnoia acreditativa de dispoñibilidade de terreos e autorizacións en cada caso.

– Liquidación de taxas.

Nº de expediente

Denominación

Características

IN407A 2020/7-3

LMT, CT depuradora A Arnoia

Liña eléctrica subterránea/aérea a 20 kV, de 214 m en subterráneo en condutor RHZ1 1×95 mm2 Al, entre apoios EAD-3 e EAD-19, cos seus correspondentes P.A.S., e 217 m en aéreo (2 apoios metálicos de celosía) en condutor LA-30, con orixe no citado apoio EAD-19, e final en apoio de formigón HVH-1600-13 no cal se instala o novo transformador intemperie depuradora A Arnoia, de 100 kVA (EAD003) con r/t: 20/0,380 kV, illamento en aceite mineral.

IN407A 2020/8-3

LMT, CT urbanización

Liña eléctrica a 20 kV, de 269 m en subterráneo en condutor RHZ1 1×95 mm2 Al, con orixe en cela de liña do transformador Balneario, expte. nº 1994/58, e final no P.A.S. en apoio proxectado HVH-1600-S13 que sustenta o transformador intemperie urbanización (EAA002) no lugar de Lomba-A Arnoia, de 100 kVA e r/t: 20.000/400-230 V, con illamento en aceite mineral.

IN407A 2020/9-3

LMT, CT Porqueira

Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 17 m en condutor tipo LA-30 (1 apoio), con orixe en apoio existente EAD-10 (LMT G 5) e final no CT intemperie Porqueira (EAA004), de 100 kVA e r/t: 20.000/400-230 V, con illamento en aceite mineral.

IN407A 2020/10-3

LMT, CT Os Chaos

Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 222 m en condutor tipo LA-30 (3 apoios), con orixe en apoio existente EAD-22 (LMT G 8) e final no CT intemperie Os Chaos (EAA005), de 100 kVA e r/t: 20.000/400-230 V, con illamento en aceite mineral.

IN407A 2020/11-3

CT O Rial

CT aéreo O Rial (EAA010), de 50 kVA e r/t: 20.000/400-230 V con illamento en aceite mineral, alimentado por LMT a CT Lapela (tramo inicial) e LMT O Outeiro-O Rial (expte. nº 03316-AT)

IN407A 2020/12-3

LMT, CT Priorato

Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 256 m en condutor tipo LA-30 (4 apoios), con orixe en apoio existente EAD-32 (LMT G 16) e final no CT intemperie Priorato (EAA008) na Paixón-A Arnoia, de 160 kVA e r/t: 20.000/400-230 V, con illamento en aceite mineral.

IN407A 2020/13-3

LMT, CT tanque de Sendín

Liña eléctrica a 20 kV, en 3 tramos: tramo I de 42 m en condutor tipo LA-30 (2 apoios existentes), con orixe en apoio nº 107, expte.03315-AT, e final en apoio nº 52 da LMT cedida por Hidroeléctrica del Giesta, S.L. ao concello. Tramo II (existente), de 2.278 m de lonxitude en condutor tipo LA-56 (16 apoios), con orixe no citado apoio nº 52 e final no apoio nº 69. Tramo III aéreo-subterráneo, con orixe no sinalado apoio nº 69 do tramo II, tramo aéreo en condutor LA-30 de 22 m de lonxitude (1 apoio existente e outro proxectado), e final, logo do P.A.S. e tramo subterráneo de 68 m de lonxitude en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al, no CT proxectado en caseta prefabricada con manobra exterior, 1L+P do tanque de Sendín (EAC004), de 250 kVA e r/t: 20.000/400-230 V, con illamento en aceite mineral.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Corresponde a esta xefatura territorial resolver a presente solicitude de acordo coas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018), e 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro de 2017), polos cales se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, respectivamente, iso en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e coa mencionada Lei 5/2017, de fomento de implantación de iniciativas empresariais de Galicia.

Segundo. Todas as instalacións existentes do bloque I, identificadas arriba polo seu número de expediente, foron realizadas cumprindo o procedemento previsto na regulamentación en vigor en cada momento de aplicación para instalacións de distribución de enerxía eléctrica, concretamente o sinalado Real decreto 2617/1966 e no actual Real decreto 1955/2000, e son conformes cos requirimentos técnicos do Regulamento de liñas de alta tensión (Decreto 3151/1968, do 28 de novembro) e do Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, segundo o caso, tal e como certifica o técnico arriba sinalado, sendo as súas características actuais as mencionadas e coa súa situación regulamentaria acreditada de forma suficiente á vista da documentación presentada.

O outorgamento da autorización administrativa para a transmisión destas instalacións a Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U., inscrita no Rexistro Administrativo de Distribuidores do Ministerio co número R1-041, sería procedente xa que a solicitude presentada cumpre coas exixencias do artigo 133 do Real decreto 1955/2000.

Terceiro. Con relación ás instalacións relacionadas no bloque II, o procedemento de trámite sería o que se indica no artigo 53 da Lei 24/2013 e tamén no título VII do Real decreto 1955/2000, coa simplificación dos procedementos prevista na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo de 2014).

A solicitude e a documentación presentada neste caso polo Concello da Arnoia estaría conforme, polo que é emitida a correspondente certificación favorable polo servizo correspondente desta xefatura territorial para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción.

O procedemento de posta en servizo para as instalacións deste bloque, que debe instar a empresa distribuidora, é o regulado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e a súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, coa achega da documentación que se sinala respectivamente nos números 5 das súas ITC-LAT-04 e ITC-RAT-22 (instalacións promovidas por terceiros, que posteriormente deban ser cedidas antes da súa posta en servizo e, por tanto, vaian formar parte da rede de transporte e distribución), incluíndo o propio documento de cesión asinado para estas instalacións co Concello.

Xa que logo, con base en todo anterior, e no exercicio das competencias que teño atribuídas

RESOLVO:

1º. Conceder a autorización para transmisión das instalacións de distribución de enerxía eléctrica que se identifican dentro do bloque I, citado no número quinto dos antecedentes de feito da presente resolución, da entidade cedente, o Concello da Arnoia, a favor da sociedade Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U., coa consecuente subrogación dos dereitos e obrigas asociados. Todo iso coas seguintes condicións:

A sociedade adquirente contará co prazo de seis meses a partir do día seguinte ao de notificación da presente autorización para transmitir a titularidade das instalacións, e producirase a caducidade da presente autorización se, transcorrido o dito prazo, aquela non ten lugar.

A entidade cedente, Concello da Arnoia, enviará á sociedade adquirente, Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U., toda a información necesaria para exercer a actividade de distribución eléctrica e asegurar o correcto mantemento e vixilancia de instalacións para garantir que en todo momento se cumpren as condicións regulamentarias de seguranza.

A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola entrega de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

2º. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción a todas as instalacións que se indican no bloque II, cuxas características se axustarán en todas as súas partes aos proxectos arriba sinalados e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A empresa distribuidora achegará a documentación de fin de obra para a posta en marcha das instalacións que se autorizan no prazo de dous meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución, e presentará, igualmente, o documento que acredite a transmisión previa de instalacións.

3º. Notificar a presente resolución tanto ao Concello da Arnoia como á empresa Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U., xa que, realizada a transmisión dos activos de distribución que se indican na presente resolución, tal e como se recolle na disposición adicional novena da Lei 3/2013, do 4 de xuño, de creación da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, a empresa distribuidora ten a obriga de someter á aprobación deste órgano a presente operación, cos efectos que daquela deriven, se for o caso.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 20 de marzo de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense