Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 20 de abril de 2020 Páx. 18528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2020/32-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Urbanizadora Herculina, S.L.

Domicilio social: rúa Caballeros, 25, 15009 A Coruña.

Denominación: liña de media tensión subterránea (LMTS), liña de baixa tensión subterránea (LBTS) e centro de transformación (CT) de 250 kVA.

Situación: avenida Concepción Arenal, 16, Oleiros (A Coruña).

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea de 15 kV, con inicio e fin na liña LMTS entre os centros 15CR27 e 15CR97, logo de entrar e saír no CT proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm²), Al, lonxitude 344 m (ida e volta).

– CT 2L1P, en edificio non prefabricado, aceite mineral, 250 kVA.

– Liña de baixa tensión subterránea XZ1 0,6/1 kV 240 mm².

En cumprimento dos trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que poida incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 25 de marzo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña