Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1242/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1242/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Christian Omar Vadell Valdez, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«A Coruña, tres de marzo de dous mil vinte.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Doris Cuero Vente, que comparece representada polo letrado Sr. Rodríguez San Adrián, contra a empresa Christian Omar Vadell Valdez e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza

Decisión:

Que estimando a demanda interposta por Doris Cuero Vente contra Christian Omar Vadell Valdez, condénoa a que lle aboe a cantidade de mil seiscentos quince euros e sesenta e cinco céntimos (1.615,65 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que é firme.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Christian Omar Vadell Valdez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza