Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1220/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1220/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Instituto Eurotechnology Empresas, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«A Coruña, dous de marzo de dous mil vinte.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades por instancia de María Carmen Ares Pumares, que comparece representada pola letrada Sra. Mata Hermida, contra a empresa Instituto Eurotechnology Empresas, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que comparece representado pola letrada Sra. Prósper Montalvo, ditou a seguinte

Sentenza

Decisión:

Que estimando a demanda interposta por María Carmen Ares Pumares contra a empresa Instituto Eurotechnology Empresas, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de tres mil catrocentos sesenta euros (3.460 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Instituto Eurotechnology Empresas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza