Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1167/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou a Resolución do 2 de marzo de 2020, dirixida a María Sonia Pereiro Codesal, contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a María Sonia Pereiro Codesal, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza