Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 3 de abril de 2020 Páx. 17864

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3655/2019).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3655/2019 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Izar Construcciones Navales Sael, Navantia, S.A., representante legal Alberto Seijo Teijeiro en representación de Jesús Seijo López, María Josefa Teijeiro Pérez, Alberto Seijo Teijeiro, Naval, S.A., Mecal, S.L., Renafe, S.L., Mareiro, S.L. sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto polo INSS fronte á Sentenza do 15 de abril de 2019, ditada nos autos nº 714/2017 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol. Todo isto confirmando a sentenza de instancia e sen condena en custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma ás empresas, Mecal, S.L. e Mareiro, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento. Expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza