Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 3 de abril de 2020 Páx. 17866

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 561/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento DOI número 561/19 deste xulgado do social, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 561/2019 en que son parte, como demandante, José Luis Bértolo Otero, asistido polo graduado social Sr. Castro Freire e, como demandados, a empresa Eurofrut Santiago, S.L. e Luis Alberto García Pombo Fernández, en calidade de administrador concursal, que non comparecen, malia a súa citación en legal forma, sobre despedimento, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes.

Decido que, estimando a demanda formulada por José Luis Bértolo Otero fronte á empresa Eurofrut Santiago, S.L., tendo sido citado en calidade de administrador concursal Luis Alberto García Pombo Fernández, declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa a que o indemnice coa cantidade de 28.671,14 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 45,40 euros/día, así como a aboar 9.488,60 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento (28.6.2019) ata a data desta sentenza.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, no momento de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta bancaria deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado, na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurofrut Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza