Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17788

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, en comisión de servizos de carácter voluntario, do posto de xefe do Servizo de Persoal, Técnico Asesor de Recursos Humanos.

Decreto 1151/2020, do 21 de febreiro de 2020.

Vista a proposta de bases e convocatoria para a provisión, en comisión de servizos dun posto de traballo reservado a funcionario de carreira, grupo A1, escala de Administración xeral, asinada pola vicesecretaria municipal o 5 de febreiro de 2020, do seguinte teor literal:

«Estando sen ocupar o posto de xefe do Servizo de Persoal. Técnico Asesor de Recursos Humanos, e sendo necesario a súa cobertura polas funcións propias que desempeña, máxime cando estamos inmersos nun proceso de implantación da Administración electrónica.

Con base nisto proponse, para a súa adopción pola tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos, segundo as atribucións delegadas polo Acordo número 28/452 da Xunta de Goberno Local celebrada en sesión ordinaria do día 17 de xullo de 2019, a seguinte resolución:

Primeiro. Convocar a provisión, en comisión de servizos de carácter voluntario, dun posto de traballo reservado a funcionario de carreira da relación de postos de traballo do Concello de Lugo, pertencente ao grupo A1, escala de Administración xeral, denominación xefe de Servizo de Persoal. Técnico Asesor de Recursos Humanos.

Segundo. Aprobar as bases que rexerán a convocatoria, co seguinte teor literal:

Primeira. Obxecto da convocatoria

1.1. É obxecto da presente convocatoria a provisión en comisión de servizos de carácter voluntario, dun posto de traballo reservado a funcionario de carreira da relación de postos de traballo do Concello de Lugo, pertencente ao grupo A1, escala de Administración xeral, denominación xefe do Servizo de Persoal. Técnico Asesor de Recursos Humanos, coas seguintes características:

Grupo de clasificación: A1.

Nivel de complemento de destino: 29.

Complemento específico: 15.522,08 euros.

Neste intre atópase aprobada inicialmente a nova relación de postos de traballo onde, no que se refire a esta convocatoria, se configura do seguinte xeito:

Grupo de clasificación: A1.

Nivel de complemento de destino: 29.

Complemento específico: 20.982,50 euros.

Principais funcións do posto: tarefas de informe, estudo, asesoramento e proposta de carácter administrativo de nivel superior, dirección, execución coordinación e control das tarefas das unidades integradas no servizo; tramitación e impulsión dos expedientes e execución das resolucións que recaian neles, colaboración na elaboración dos orzamentos anuais e na posterior execución destes, implantación de novos procedementos administrativos que melloren a eficacia e eficiencia do servizo, dirección e control do persoal do servizo.

1.2. O período durante o cal se cubrirá o posto en comisión de servizos será o de seis meses prorrogables por prazos iguais ata un máximo de 2 anos ou ata que se produza a cobertura definitiva do posto, de conformidade co establecido no artigo 64.3 do Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se regula o ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, e no artigo 96 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Segunda. Requisitos dos aspirantes

Para participar na presente convocatoria será necesario ter a condición de persoal funcionario de carreira de calquera Administración pública, pertencente ao grupo A1 en situación de servicio activo, e presentar, para a toma de posesión do posto, informe previo favorable da Administración de procedencia.

Terceira. Presentación de solicitudes

3.1. As solicitudes para tomar parte na convocatoria irán dirixidas á tenenta de alcaldesa delegada de Área de Gobernanza, Economía e Recursos Humanos, e presentarase no Rexistro Xeral do Concello, sito na rolda da Muralla, 197, de Lugo, no prazo de 10 días naturais computados a partir do seguinte a aquel en que apareza a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.2. Ás solicitudes deberán xuntarse as certificacións e documentos xustificativos dos requisitos exixidos na presente convocatoria:

– Certificación da Administración de procedencia acreditativa de que o aspirante é funcionario do grupo A1, así como de que se atopa en servizo activo.

– Currículo onde consten os postos de traballo desempeñados na Administración, así como os cursos de formación recibidos.

Cuarta. Selección dos aspirantes

A selección realizarase mediante a realización dunha entrevista persoal a cada un dos aspirantes admitidos de acordo co criterio de maior idoneidade, discrecionalmente apreciada, considerando os currículos presentados, e en función da experiencia e formación específica, así como na identidade destas coas propias do posto que se vai cubrir postas de manifesto na realización da entrevista.

Quinta. Nomeamento e toma de posesión

Realizadas as entrevistas, a tenenta de alcaldesa delegada de Área de Gobernanza, Economía e Recursos Humanos elevará á Xunta de Goberno Local proposta de nomeamento a favor dun dos candidatos. O seleccionado deberá presentar o informe favorable da Administración de procedencia no prazo de 5 días hábiles desde que se lle notifique a súa selección e deberá tomar posesión do posto no prazo dos tres días seguintes á notificación, ou dos 8 días seguintes se supón cambio de localidade.

No caso de que no prazo concedido o seleccionado non presentase informe favorable ao seu nomeamento en comisión de servizos ou non tomase posesión do posto, poderá procederse de igual xeito con outro aspirante por orde de idoneidade ou declarar deserta a convocatoria.

Terceiro. Publicar a presente convocatoria, xunto coas bases polas que se rexe, no Diario Oficial de Galicia».

Visto o Informe de Intervención número 2020/55 cuxa epígrafe Conclusión: fiscalización limitada previa, é do seguinte teor literal:

«Procede a tramitación do expediente, en virtude do artigo 96 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia, de provisión excepcional e de xeito temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario mediante comisión de servizos voluntaria, e na súa letra a) establece: “Cando os postos estean vacantes, mentres non se proceda á súa provisión definitiva”.».

Esta concelleira, con base nas atribucións delegadas polo Acordo número 28/452, da Xunta de Goberno Local celebrada en sesión ordinaria do día 17 de xullo de 2019, resolve:

Primeiro. Convocar a provisión, en comisión de servizos de carácter voluntario, dun posto de traballo reservado a funcionario de carreira da relación de postos de traballo do Concello de Lugo, pertencente ao grupo A1, escala de Administración xeral, denominación xefe do Servizo de Persoal. Técnico Asesor de Recursos Humanos.

Segundo. Aprobar as bases que rexerán a convocatoria, co seguinte teor literal:

«Primeira. Obxecto da convocatoria

1.1. E obxecto da presente convocatoria a provisión, en comisión de servizos de carácter voluntario, dun posto de traballo reservado a funcionario de carreira da relación de postos de traballo do Concello de Lugo, pertencente ao grupo A1, escala de Administración xeral, denominación xefe de Servizo de Persoal. Técnico Asesor de Recursos Humanos, coas seguintes características:

Grupo de clasificación: A1.

Nivel de complemento de destino: 29.

Complemento específico: 15.522,08 euros.

Neste intre atópase aprobada inicialmente a nova relación de postos de traballo onde, no que se refire a esta convocatoria, se configura do seguinte xeito:

Grupo de clasificación: A1.

Nivel de complemento de destino: 29.

Complemento específico: 20.982,50 euros.

Principais funcións do posto: tarefas de informe, estudo, asesoramento e proposta de carácter administrativo de nivel superior, dirección, execución coordinación e control das tarefas das unidades integradas no servizo; tramitación e impulsión dos expedientes e execución das resolucións que recaian neles, colaboración na elaboración dos orzamentos anuais e na posterior execución destes, implantación de novos procedementos administrativos que melloren a eficacia e eficiencia do servizo, dirección e control do persoal do servizo.

1.2. O período durante o cal se cubrirá o posto en comisión de servizos, será o de seis meses prorrogables por prazos iguais ata un máximo de 2 anos ou ata que se produza a cobertura definitiva do posto, de conformidade co establecido no artigo 64.3 do Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se regula o ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, e no artigo 96 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Segunda. Requisitos dos aspirantes

Para participar na presente convocatoria será necesario ter a condición de persoal funcionario de carreira de calquera Administración pública, pertencente ao grupo A1 en situación de servicio activo, e presentar, para a toma de posesión do posto, informe previo favorable da Administración de procedencia.

Terceira. Presentación de solicitudes

3.1. As solicitudes para tomar parte na convocatoria irán dirixidas á tenenta de alcaldesa delegada de Área de Gobernanza, Economía e Recursos Humanos, e presentarase no Rexistro Xeral do Concello, sito na rolda da Muralla, 197, de Lugo, no prazo de 10 días naturais computados a partir do seguinte a aquel en que apareza a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.2. Ás solicitudes deberán xuntarse as certificacións e documentos xustificativos dos requisitos exixidos na presente convocatoria:

– Certificación da Administración de procedencia acreditativa de que o aspirante é funcionario do grupo A1, así como de que se atopa en servizo activo.

– Currículo onde consten os postos de traballo desempeñados na Administración, así como os cursos de formación recibidos.

Cuarta. Selección dos aspirantes

A selección realizarase mediante a realización dunha entrevista persoal a cada un dos aspirantes admitidos de acordo ao criterio de maior idoneidade, discrecionalmente apreciada, considerando os currículos presentados, e en función da experiencia e formación específica, así como na identidade destas coas propias do posto que se vai cubrir postas de manifesto na realización da entrevista.

Quinta. Nomeamento e toma de posesión

Realizadas as entrevistas, a tenenta de alcaldesa delegada de Área de Gobernanza, Economía e Recursos Humanos elevará á Xunta de Goberno Local proposta de nomeamento a favor dun dos candidatos. O seleccionado deberá presentar o informe favorable da Administración de procedencia no prazo de 5 días hábiles desde que se lle notifique a súa selección e deberá tomar posesión do posto no prazo dos tres días seguintes á notificación, ou dos 8 días seguintes se supón cambio de localidade.

No caso de que no prazo concedido o seleccionado non presentase informe favorable ao seu nomeamento en comisión de servizos ou non tomase posesión do posto, poderá procederse de igual xeito con outro aspirante por orde de idoneidade ou declarar deserta a convocatoria.

Terceiro. Publicar a presente convocatoria, xunto coas bases polas que se rexe, no Diario Oficial de Galicia».

Cuarto. Facer constar que o presente acto pon fin á vía administrativa e que contra el se poden interpoñer os seguintes recursos:

– Recurso potestativo de reposición previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

– Recurso contencioso-administrativo, nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo (artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), segundo a redacción dada pola disposición adicional décimo cuarta da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial».

Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que considere conveniente.

Lugo, 21 de febreiro de 2020

A alcaldesa
P.D. (Acordo número 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos