Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorga permiso de actividade para a instalación dunha granxa mariña e se autoriza, con esta finalidade, a remodelación dun criadeiro en Chapela, no termo municipal de Redondela.

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e a concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que mediante a Resolución do 2 de marzo de 2020 se outorga permiso de actividade para a instalación dunha granxa mariña e se autoriza, con esta finalidade, a remodelación dun criadeiro preexistente no establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: criadeiro e granxa mariña.

Titular do permiso de actividade: Insuíña, S.L. (B36021954).

Prazo de outorgamento: ata o 23 de xuño de 2029.

Localización: Chapela, termo municipal de Redondela, Pontevedra.

Especies autorizadas: rodaballo, linguado común, linguado de pintas, polbo, ollomol e cherna.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica