Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/297-1 novo).

Expediente: IN407A 2015/297-1 novo.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: recuamento da LMT, CT e RBT Uxes pobación e anexo 1.

Concello: Arteixo.

Feitos:

1. Con data do 28 de marzo de 2017, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución: recuamento da LMT, CT e RBT Uxes poboación.

O 21 de maio de 2019, a dita empresa solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica referente ao anexo 1.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 15 de xullo de 2019.

– DOG: 13 de agosto de 2019.

– BOP: 29 de xullo de 2019.

– Xornal La Voz de Galicia: 1 de agosto de 2019.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal da secretaria xeral do Concello de Arteixo de 28 de agosto de 2019.

3. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública José Luís Rama Rodríguez achegou alegacións. Destas alegacións déuselles traslado á empresa promotora, que respondeu en defensa dos seus intereses.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos de Augas de Galicia-Zona Hidrográfica Galicia Norte da Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña, do Servizo de Xestión Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña, da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Arteixo.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Características técnicas:

– Desmantelamento da liña eléctrica de media tensión aérea GRN-704 entre os apoios números 27 e 47 a 15 kV cunha lonxitude de 1,879 km coa orixe no apoio número 27 existente da LMT GRN-704 condutores tipo LA-30 mm2 e tipo LA-56 e remate no apoio número 47 existente da LMT GRN-704. Retirada do CT Uxes poboación actual.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada ao CT Uxes poboación (proxectado) (actuación núm. 1) a 15 kV cunha lonxitude de 0,010 km coa orixe e remate en empalmes proxectados na LMTS GRN-704 no treito entre o CT Breogán III (expediente 282/00) e o CS Souto (15CWB0) condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1x240 AI unha vez entra e saia do novo CT Uxes poboación (proxectado).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada ao CS Uxes (proxectado) (actuación núm. 2) a 15 kV cunha lonxitude de 0,068 km coa orixe e remate en empalmes proxectados na LMTS GRN-704 no treito entre o CT Breogán III (expediente 282/00) e o CS Souto (15CWB0) condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1x40 AI unha vez entra e saia do novo CS Uxes (proxectado).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada a CCTT Uxes estación e Uxes urbanización (actuación núm. 3) a 15 kV cunha lonxitude de 0,251 km coa orixe no novo CS Uxes (proxectado) condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1x240 AI e remate no paso aéreo-soterrado proxectado a realizar no apoio de formigón núm.: 48 existente da LMT GRN-704 (expediente 27.385) no treito entre o CT Uxes estación (expediente 27.385) e o CT Uxes urbanización (expediente: 272/99).

– Novo centro de transformación prefabricado Uxes poboación, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Novo centro de seccionamento Uxes poboación 3L telecontrolado GSM/GPRS/FO con envolvente de formigón manobra exterior.

3. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

4 Respecto das alegacións formuladas por José Luís Rama Rodríguez (parcela número 247-polígono 76) solicita que non se autorice o treito de liña que vai paralelo á súa propiedade e que se barallen outras alternativas alegando, coma se reflicte no seu escrito de 6 de xullo de 2017, o seguinte:

– Que vai impedir a execución material dunha futura resolución ao seu favor nunha demanda interposta contra ADIF.

– Que existen outras parcelas en que se podería situar o CS proxectado.

Na súa resposta, UFD Distribución Electricidad, S.A. declara que:

– Tramitou o permiso de paso do treito en conflito co titular do terreo que é ADIF, o cal amosou a súa conformidade solicitando o cumprimento dunhas determinadas condicións que teñen pensado cumprir.

– Segundo o sinalado no Real decreto 223/2008, «as liñas eléctricas estudaranse seguindo a traza que considere máis conveniente ao autor do proxecto, no seu intento de acadar a solución máis óptima para o conxunto da instalación, axustándose en todo caso ás prescricións que nesta instrución se establecen».

Con relación ás alegacións achegadas relativas ao cumprimento regulamentario das instalacións electromecánicas e eléctricas proxectadas e a afectación correspondente na declaración de utilidade pública en concreto solicitada, e segundo as manifestacións de UFD Distribución Electricidad, S.A., infórmase que non procede atender a solicitude realizada por José Luís Rama Rodríguez, por non definir técnica e economicamente a alternativa que propón de localización do CS para a súa valoración.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o esixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 10 de marzo do 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña