Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Porqueira (expediente IN407A 2019/45-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Pedro Tizón Barro, colexiado número 3270 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (Coeticor), en Ourense, o día 22 de maio de 2018, que anexa declaración responsable de habilitación e competencia.

Solicitante: UFD, Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A-63222533.

Enderezo: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: modificado II da LMT, CT Faramiñás (expediente 1998/80-AT).

Situación: Faramiñás, San Martiño de Porqueira (Ourense).

Orzamento: 43.917,33 €.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea (LMTS) a 20 kV con E/S en CT proxectado, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al de 80 m de lonxitude, con orixe no PAS existente en apoio de formigón da LMT XIN805 (derivación ao actual CT Faramiñás –para desmontar–); CT proxectado con manobra exterior, compacto, telecontrolado, celas: 2L1P, potencia: 160 kVA e r/t: 20.000/400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 11 de marzo de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense