Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17767

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 280/2018).

Eu, María Iria Roman Vidarte, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 280/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de la Cruz Maneiro Paz contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

a) Declarar a executada Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. en situación de insolvencia total por importe de 3.323,97 euros en concepto de principal, 511,80 euros en concepto de xuros de mora e de 383,57 euros en concepto provisional de xuros e custas, insolvencia que se entenderá a todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0280 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0280 18”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes de eles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza