Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 30 de marzo de 2020 Páx. 17508

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados

EDICTO (PO 178/2017).

Ivanka Ferreiro Crespo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario número 178/2017 seguido por instancia de Diservan Dous, S.L. fronte a Manuel Carballo Pazos, S.L. ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é literalmente a seguinte:

Estimando a demanda interposta por Diservan Dous, S.L., representada pola procuradora Gisela Álvarez Vázquez, contra Manuel Carballo Pazos, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de nove mil setecentos sesenta e sete euros con setenta e tres céntimos (9.767,73 €), máis os xuros procesuais correspondentes. Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

E atopándose o dito demandado, Manuel Carballo Pazos, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma este.

Cambados, 16 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza