Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 30 de marzo de 2020 Páx. 17509

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (PO 473/2012).

Cristina Iscar Cifuentes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, polo presente anuncio:

No presente procedemento XVB 473/2012, seguido por instancia de Ana María Gil Gómez fronte a Pablo Vilariño Álvarez, Jorge Vilariño Álvarez, Perfecta Vilariño Grande, herdeiros de Salvador Vilariño Grande, herdeiros de Carlos Vilariño Grande, José Vilariño Grande, María del Carmen Vilariño Grande, María del Pilar Vilariño Grande, José Manuel Vilariño Álvarez, Carlos Vilariño Álvarez, María del Mar Vilariño Álvarez, María Dolores Vilariño Grande, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Que acordo desestimar a demanda interposta por Ana Gil Gómez contra os herdeiros de Carlos Vilariño López (Dolores, María Pilar e Mari Carmen Vilariño Grande), Perfecta Vilariño Grande, herdeiros de Salvador Vilariño Grande, herdeiros de Carlos Vilariño Grande e José Vilariño Grande.

Que condeno en custas a parte demandante.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación ante este xulgado para ante a superioridade dentro do prazo de 20 días, conforme determina o artigo 457 da LAC, logo da acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado. A falta de correcta consignación supoñerá a inadmisión a trámite do recurso. A desestimación ou inadmisión deste supoñerá a perda do depósito.

Así por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, atopándose o dito demandado, herdeiros de Salvador Vilariño, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Tui, 29 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza