Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 30 de marzo de 2020 Páx. 17510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (666/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 666/2017 por instancia de Rosa María Santos Rey e Isabel Sabel Sande contra Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L. Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., administrador concursal de Confección Ideal, administrador concursal de Costura Invisible, administrador concursal de Shivshi, S.L., administrador concursal de Deus Creaciones, S.L., administrador concursal de Confecciones Deus, administrador concursal de Confecciones Fraga, S.L., administrdor concursal de Plataforma Costurera, S.L., administrador concursal de Gaviota Textil XXI, S.L., administrador concursal de Perseo Textil, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 21 de febreiro de 2020, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Rosa María Santos Rey e Isabel Sabel Sande fronte a Confecciones Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus de Luxe, S.L., Strass Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., así como os administradores concursais de Confecciones Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Absólvese a Confecciones Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus de Luxe, S.L., Strass Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., así como los administradores concursales de Confecciones Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., das pretensións fronte a eles exercidas.

– Condénase a Confecciones Deus, S.L. a aboarlles ás demandantes as seguintes cantidades:

• A Isabel Sabel Sande a cantidade de cinco mil catrocentos cincuenta euros con setenta céntimos de euro (5.450,70 euros).

• A Rosa María Santos Rey a cantidade de catro mil setecentos oitenta e un euros con sesenta e seis céntimos de euro (4.781,66 euros).

Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 % previsto no artigo 29.3 do ET.

As ditas cantidades vincularán o administrador concursal de Confecciones Deus, S.L.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e firma Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L, Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza