Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 30 de marzo de 2020 Páx. 17506

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (674/2018).

Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente, anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario nº 674/2018, seguido por instancia de Fernando Casas Dulanto fronte a V.O. Euromotor, S.L., pronunciouse Sentenza do 29 de xaneiro de 2020 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que acepto parcialmente a demanda interposta por Fernando Casas Dulanto, representado pola procuradora Sra. Tomás Abal, contra V.O. Euromotor, S.L., e acordo:

Primeiro. Declarar resolto o contrato de compravenda realizado entre V.O. Euromotor, S.L. e Fernando Casas Dulanto, con data do 18 de agosto de 2014, documentado no pedido achegado como documento nº 2 da demanda, con devolución recíproca e simultánea das respectivas contraprestacións recibidas, que neste caso se limita á devolución a Fernando Casas Dulanto por parte de V.O. Euromotor, S.L. da cantidade de 7.253,95 euros, nos termos expresados no parágrafo seguinte.

Segundo. Condenar a V.O. Euromotor, S.L. a abonar a Fernando Casas Dulanto a cantidade de 7.253,95 euros en concepto de devolución do prezo, máis os xuros legais desa cantidade desde o 1 de marzo de 2018 ata a data desta sentenza, e desde esta, os intereses da mora procesual do artigo 576 da LAC.

Terceiro. Condenar a V.O. Euromotor, S.L. a abonar a Fernando Casas Dulanto a cantidade de 750 euros en concepto de dano moral, máis os xuros da mora procesual do artigo 576 da LAC desde a data desta sentenza.

Cuarto. Cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns pola metade.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese no procedemento testemuño suficiente.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Estando a dita demandada, V.O. Euromotor, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza