Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 30 de marzo de 2020 Páx. 17504

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (DCT 731/2018).

Divorcio contencioso 731/2018

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Manuel Vilanova Fernández

Procuradora: María Mercedes Fernández Prol

Avogado: Rubén Carballo Iglesias

Demandada: Carla Bonjour de Sousa Casimiro

Cédula de notificación:

No procedemento de referencia ditouse resolución con encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 136/2019.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 31 de xaneiro de 2019.

Vistos os presentes autos número 731/2018 sobre divorcio promovidos pola procuradora Sra. Fernández Prol, en nome e representación de Manuel Vilanova Fernández, como demandante, asistido polo letrado Sr. Carballo, fronte a Carla Bonjour de Sousa Casimiro, declarada en rebeldía.

Acordo a disolución do matrimonio formado por Manuel Vilanova Fernández e Carla Bonjour de Sousa Casimiro con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Atribúese o uso e desfrute do domicilio familiar sito na rúa Oliveira, nº 1, 4º F, de Allariz, Ourense, así como do enxoval doméstico ao demandante, Manuel Vilanova.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal. Débese constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Carla Bonjour de Sousa Casimiro, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 3 de marzo de 2020

O/a letrado/a da Administración de xustiza