Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 27 de marzo de 2020 Páx. 17438

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3605/2019 MJC).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3605/2019-MJC

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 734/2016. Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: María Pilar Hermida Fernández

Avogado: Francisco Javier Trio Frieiro

Procuradora: Marta Isabel Pereira de Vicente

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales S.S. nº 15, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Studio Masscob, S.L., Confecciones Careixón, S.L., Sprint Moda, S.C.

Avogados/as: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Pablo Torrado Oubiña, Lorenzo Sabell Peláez, María de los Ángeles Gómez Lage, Inés Pequeño Fernández

Yo, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3605/2019 desta sección, seguido por instancia de María Pilar Hermida Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales S.S. nº 15, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Studio Masscob, S.L., Confecciones Careixón, S.L., Sprint Moda, S.C., sobre accidente, ditouse a seguinte resolución:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Mª Pilar Hermida Fernández, contra a sentenza do 13 de novembro de 2018 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol no proceso 734/2016, promovido pola recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Umivale, Mutua Fremap e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, así como as empresas Studio Masscob, S.L., Confecciones Careixón, S.L. e Sprint Moda, S.C., debemos confirmar e confirmamos a sentenza obxecto de recurso.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano do mesmo.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Confecciones Careixón, S.L. e Sprint Moda, S.C., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza