Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 27 de marzo de 2020 Páx. 17436

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2020 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 1 de outubro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia do 15 de outubro de 2019, convocáronse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo catro prazas vacantes na categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 11 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia do 21 de novembro de 2019, noméase o tribunal cualificador das ditas probas selectivas.

No punto 5.4 das bases da convocatoria disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da concorrencia de causa de abstención nun dos seus membros, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Manuel Pérez Calvelo como vogal suplente do tribunal cualificador.

Segundo. Nomear a Rosendo Millán Lence, persoal laboral fixo do grupo III da USC, como vogal suplente en substitución de Manuel Pérez Calvelo.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela