Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16764

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (179/2019).

Eu, Pilar Sández González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, dou fe que no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número 179/2019, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Vigo, 13 de decembro de 2019

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade e o seu partido xudicial, os autos de xuízo ordinario número 179/2019, promovidos pola entidade Banco Mediolanum, S.A., representada polo procurador dos tribunais José Antonio Fandiño Carnero e asistida polo letrado Gustavo A. López Ferrer, contra Leonard Partridge, en rebeldía procesual, autos dos que resultan os seguintes,

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola entidade Banco Mediolanum, S.A., representada polo procurador dos tribunais José Antonio Fandiño Carnero e asistida polo letrado Gustavo A. López Ferrer, contra Leonard Partridge, en rebeldía procesual, e en consecuencia, declaro resolto o préstamo de data 29 de maio de 2017 celebrado entre as partes polo incumprimento da parte demandada, e condeno o referido demandado a satisfacer á parte demandante a cantidade de dezanove mil douscentos corenta e un euros con vinte e un céntimos (19.241,21 euros), máis os xuros que se devindiquen ao tipo de xuro ordinario do 6,68 % desde o 8 de xaneiro de 2019 ata o seu completo pagamento.

Non se efectúa expresa imposición de custas.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que non é firme e fronte a ela cabe interpoñer no prazo de vinte días recurso de apelación ante este xulgado do que coñecerá, é de ser o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, encontrándose o devandito demandado, Leonard Partridge, en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 12 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza