Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16762

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (436/2019).

Na presente peza de apelación civil nº 436/2019, dimanante do xuízo verbal nº 805/2016 do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, seguido por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A. fronte a Legado Castro, S.L. e outros, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez.

Manuel Almenar Belenguer.

Francisco Javier Valdés Garrido.

Ditou en nome do rei a seguinte

Sentenza núm. 502/2019.

Pontevedra, 23 de setembro de 2019.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección número 1 da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de xuízo verbal 805/2016, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, aos cales correspondeu a peza de recurso de apelación (LACN) 436/2019 e nos cales aparece como parte apelante Abanca Corporación Bancaria, S.A., representada polo procurador dos tribunais Rafael Barrios Pérez, asistido polo avogado Luis Piñeiro Santos e, como parte apelada, Investimentos As Laxas, S.L., representada pola procuradora dos tribunais María del Amor Angulo Gascón, asistida polo avogado Javier Martínez Valente, a Avogacía do Estado e Legado Castro, S.L., en rebeldía; é maxistrado relator Francisco Javier Menéndez Estébanez.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolvemos:

Que debemos rexeitar e rexeitamos o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Abanca Corporación Bancaria, S.A. contra a sentenza ditada con data do 21 de marzo de 2019 polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, no xuízo verbal nº 805/2016, con imposición das custas causadas nesta alzada á parte apelante.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E atopándose a devandita demandada, Legado Castro, S.L., en paradoiro descoñecido e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 23 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza