Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16766

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (216/2019).

Sarai Paniagua Aceira, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia numero 5 de Vigo, fai saber que no presente procedemento de liquidación de sociedade de gananciais núm. 216/2019, seguido por instancia de Anuncia Lago Costas fronte a Manuel Meijido Vidal, se ditou auto cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto núm. 463.

Maxistrada xuíza Mª del Carmen Salvador Mateos.

Vigo, 19 de xuño de 2019.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Parte dispositiva.

1. Aprobar a proposta de inventario presentada pola procuradora Celsa Muñoz Leira, en nome e representación de Anuncia Lago Costas, con data do 22 de febreiro de 2019, contra Manuel Meijido Vidal, que se dá por reproducida nesta resolución.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así o acorda e asina S. Sª. Dou fe».

E atopándose este demandado, Manuel Meijido Vidal, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 11 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza