Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16463

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PR905A).

BDNS (Identif.): 498579.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

a) As persoas galegas e nadas en Galicia.

b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nadas en Galicia.

c) Os/as fillos/as das persoas galegas e nadas en Galicia.

Todas as persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto da resolución é conceder axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia, que carezan de recursos suficientes.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PR905A).

Cuarto. Importe

Para conceder as subvencións convocadas destinarase un crédito total de 1.900.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.2.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de agosto de 2020 incluído.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración