Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16323

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (400/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 400/2017, por instancia de María Dumont Moras contra a empresa Roberto Manuel Corral Corral e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, en que se ditou sentenza o 19 de novembro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por María Dumont Moras fronte á empresa Roberto Manuel Corral Corral, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Roberto Manuel Corral Corral a aboar a María Dumont Moras a cantidade de mil seiscentos sesenta e sete euros con setenta e un céntimos de euro (1.667,71 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer do recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Roberto Manuel Corral Corral, expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza