Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16325

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 120/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 120/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Pazos Rosales contra a empresa Dos Universa del Libro y Menaje, S.L., Universa Valladolid, S.L., sobre ordinario, se ditou con data do 15.10.2019 dilixencia de ordenación, auto en que se despacha execución e decreto, impugnables en reposición no prazo de tres días, que están á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Universa Valladolid, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza