Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16326

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 233/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 233/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Barcala Torres contra a empresa Ica 2014, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 20.2.2020 contra a cal non cabe recurso, que está á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ica 2014, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza