Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 161/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 161/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Janete Lopes Pimentel contra Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Área de Descanso Paradela, S.L. e Marea Nocturna sobre ordinario, se ditou Decreto do 20 de febreiro de 2020 impugnable en revisión no prazo de tres días, que está á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Área de Descanso Paradela, S.L. e Marea Nocturna, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza