Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15766

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1201/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1201/2017 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Costura Invisible, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L., administración concursal Confecciones Fraga, S.L., Dictum Estudio Económico y Jurídico, S.L.P., administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, S.L., administración concursal Costura Invisible, S.L., Argos Asociados Abogados y Asesores Tributarios, Deux Deluxe, S.L., Vainca Doble, S.L., Pedra Capela, S.L., administración concursal Confección Ideal, S.L., administrador concursal Plataforma Costurera, S.L., administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«A Coruña, 17 de febreiro de 2020

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre reclamación de cantidade, por instancia de Emilia Andrade Gómez, que comparece representada polo letrado Sr. Pérez López contra as empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L.; Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Confecciones Ideal, S.L., administración concursal de Confecciones Deus, S.L., admistración concursal de Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Costura Invisible, S.L., administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L., administración concursal de Confecciones Ideal, S.L, administración concursal de Plataforma Costurera, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza

Resolución

Que estimando a demanda interposta por Emilia Andrade Gómez contra as empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L.; Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Confecciones Ideal S.L., administración concursal de Confecciones Deus, S.L., admistración concursal de Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Costura Invisible, S.L., administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L., administración concursal de Confecciones Ideal, S.L., administración concursal de Plataforma Costurera, S.L. e o Fogasa, condénase solidariamente as empresas demandadas a aboar á Sra. Andrade, a cantidade de dos mil seiscientos treinta e un euros e oitenta e nove céntimos (2.631,89 euros) incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absólvese o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e fágaselles constar que contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación (191.2.g) da LXS).

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L., administración concursal Confecciones Fraga, S.L., Dictum Estudio Económico y Jurídico, S.L.P., administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, S.L., administración concursal Costura Invisible, S.L., Argos Asociados Abogados y Asesores Tributarios, Deux Deluxe, S.L., Vainca Doble, S.L., Pedra Capela, S.L., administración concursal Confección Ideal, S.L., administrador concursal Plataforma Costurera, S.L., administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza