Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1212/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Poligal Innova, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:
«Na Coruña o dezasete de febreiro de dous mil vinte.
Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Maximino Rellán Souto, que comparece representado polo letrado Sr. Guerra Mengual, contra a empresa Poligal Innova, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte
Sentenza
Resolución
Desestímase a demanda interposta por Maximino Rellán Souto contra a empresa Poligal Innova, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, e absólvense os demandados de todos os pedimentos deducidos na súa contra.
Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santader a nome desta oficina xudicial; así mesmo, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso.
En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.
Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación en legal forma a Poligal Innova, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para o seu Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 19 de febreiro de 2020
A letrada da Administración de xustiza