Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 331/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 331/2018 deste xulgado do social, seguido contra a empresa David Díaz García, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Na Coruña o dezasete de febreiro de dous mil vinte.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Patricia Barbeito Castro, que comparece representada pola letrada Sra. Rodríguez Amoroso, contra a empresa David Díaz García e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza

Decido que, estimando a demanda interposta por Patricia Barbeito Castro contra a empresa David Díaz García, a condeno a que lle aboe a cantidade de dous mil cincocentos dezasete euros e trinta e un céntimos (2.517,31 €), incrementada co xuro por demora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta é firme.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a David Díaz García, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza