Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15708

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 27 de febreiro de 2020, conxunta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería do Medio Rural, pola que establecen os elementos identificativos e de uniformidade da escala de axentes forestais, axentes facultativos/as ambientais e axentes técnicos/as en xestión ambiental de Galicia.

A presente orde ten por obxecto establecer a descrición e demais características da uniformidade e identificación das escalas de axentes forestais, axentes facultativos/as ambientais e axentes técnicos/as en xestión ambiental. Coma denominación xenérica das tres escalas utilizarase nesta orde unicamente a de axentes ambientais. Preténdese como finalidade única o recoñecemento e identificación deste persoal funcionario, mostrando unha homoxeneidade no servizo.

Anteriormente, o Decreto 293/1997, do 1 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da escala de axentes forestais, estableceu que a consellería determinará o uniforme e distintivos da dita escala e a obrigatoriedade do seu uso en actos de servizo no seu artigo 26.

A Orde do 16 de novembro de 2004, pola que se regula a identificación dos axentes forestais de Galicia, establece no seu artigo 8, respecto dos uniformes da escala de axentes forestais, a obrigatoriedade da Consellería de determinalos.

Da definición do axente forestal e do axente facultativo ambiental consignada na Lei 7/2012, de montes de Galicia, e da creación da escala de axentes técnicos en xestión ambiental á cal se asignan as funcións das escalas de axentes forestais e de axentes facultativos, consignada na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, resulta que as escalas de axentes forestais, axentes facultativos ambientais e axentes técnicos en xestión ambiental son homólogas na práctica.

Tendo en consideración o carácter de axente da autoridade en sentido xenérico dos axentes das escalas mencionadas anteriormente, é legalmente necesaria a súa correcta uniformidade e identificación, tanto ante a cidadanía coma ante o persoal doutras administracións, dado que as prerrogativas que se dan co recoñecemento destas funcións e características poden influír na limitación de determinados dereitos das persoas administradas, de modo que estes deben ter identificadas con suficiente claridade as condicións do persoal ante quen están a relacionarse.

A disposición adicional novena da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece no seu ordinal oitavo que se declaran «para extinguir» as escalas de axentes facultativos ambientais do corpo de axudantes de carácter facultativo e a escala de axentes forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico, circunstancia que é preciso ter en conta e regular na presente orde.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Elementos identificativos

1. Os/as axentes ambientais acreditan tal condición cos seus elementos identificativos, que son: o uniforme, a credencial acreditativa, composta pola tarxeta identificativa e mais a placa acreditativa, o emblema e divisas e o número de axente.

2. Os/as axentes ambientais actuarán uniformados, salvo excepcións e en función das circunstancias do servizo ou especialidade que se van desenvolver, naqueles casos debidamente xustificados e motivados, e durante o tempo estritamente necesario, nos cales se poderá autorizar de forma expresa e individualizada a súa non utilización. Así mesmo, neses casos portarán a credencial acreditativa que probe a súa condición de axentes da autoridade, cando sexan requiridos para identificarse pola cidadanía, ou cando sexa necesario para realizar algún servizo.

Artigo 2. O uniforme

Para os efectos desta orde, enténdese por uniforme o conxunto de pezas de uniformidade e equipamentos accesorios proporcionados polas consellerías en que o persoal destas escalas preste servizos en calidade de membros delas e permita a súa identificación como tal.

Artigo 3. Dotación e renovación do uniforme e credencial acreditativa

1. A uniformidade será subministrada pola Administración autonómica, a través da Consellería da cal dependan funcionalmente os axentes.

2. A Xunta de Galicia deberá dotar periodicamente os membros das anteditas escalas dos elementos de uniformidade e dos equipamentos accesorios necesarios nos termos establecidos na presente orde, así como da credencial acreditativa. De igual modo, establécense os períodos de renovación das pezas de uniformidade, segundo o tipo e características, conforme o recollido no anexo IV da presente orde. Cando, debido ao seu uso continuado, estes materiais sufrisen unha deterioración, se extraviasen ou teñan sido subtraídos, serán substituídos coa maior brevidade posible.

3. Os/as axentes están obrigados a conservar e coidar as pezas da uniformidade que lle fosen entregadas, e procurarán mantelas en bo estado.

4. Os membros das escalas de axentes ambientais disporán do uniforme, así como da súa credencial acreditativa e número de identificación profesional, desde o momento da súa incorporación á escala.

5. Cando o uniforme requira, de acordo coas recomendacións do fabricante, un mantemento específico, este será facilitado pola Administración.

6. As características técnicas do deseño e calidade dos tecidos empregados nas diferentes pezas axustaranse ás recollidas nos pregos de prescricións técnicas particulares que se elaboren no correspondente procedemento de contratación, sen prexuízo do disposto na presente orde, valorando e favorecendo a inclusión de todas aquelas melloras que poidan acordarse.

Artigo 4. Tipos de uniformidade

1. Para os membros das escalas a que está dirixida a presente orde empregaranse as pezas de uniforme tipo A e as pezas de equipamentos accesorios tipo B.

a) Tipo A: uniforme de diario (pezas de verán e inverno).

b) Tipo B: roupa e equipamentos accesorios.

2. O uniforme terá as modalidades de inverno e verán, así como a adaptación das pezas que se determinen para o persoal feminino destas escalas.

Artigo 5. Pezas de uniformidade tipo A

1. O uniforme utilizarase con carácter xeral en todos os servizos. Irán provistos dos pertinentes elementos identificativos: divisas e emblemas.

2. Uniforme na modalidade de inverno. Está composto das seguintes pezas:

a) Boina de inverno.

b) Anorak.

c) Forro térmico.

d) Pantalón impermeable.

e) Chaqueta cortaventos.

f) Xersei.

g) Polo de manga longa.

h) Camiseta interior térmica.

i) Pantalón interior térmico.

j) Bufanda tubular.

k) Polainas.

l) Luvas térmicas.

m) Cinto técnico.

n) Pantalón multipetos.

o) Calcetíns de inverno.

p) Botas de inverno.

q) Chuvasqueiro.

3. Uniforme en modalidade de verán. Está composto polas seguintes pezas:

a) Viseira de verán.

b) Chaqueta de verán.

c) Polo de manga curta.

d) Pantalón multipetos de verán.

e) Calcetíns de verán.

f) Botas de verán.

Artigo 6. Roupa e equipamentos accesorios. Uniforme tipo B

1. A roupa e equipamentos accesorios están compostos polas seguintes pezas:

a) Chaleco reflector ignífugo e de alta visibilidade, que será identificativo do director de extinción, de ser o caso.

b) Equipamento de alta montaña.

c) Vadeador.

d) Gafas de protección solar.

e) Mochila.

f) Fundas desbotables.

g) Botas de goma de cana alta.

As pezas relacionadas nas letras a), b), c) e g) subminístranse só ao persoal que o precise tendo en conta os requirimentos das actividades que ten que desenvolver.

2. Os elementos do equipamento de protección individual para a extinción de incendios forestais deberán portar os emblemas identificativos propios das escalas referidas nesta orde.

Artigo 7. Deseño adecuado por razón de sexo

1. É necesario que o vestiario, a roupa, os accesorios, os equipamentos de protección individual e os demais elementos sexan adecuados ás características fisiolóxicas das persoas que os vaian empregar. O deseño e as características destes elementos poden ser diferentes en canto vaian ser empregados por homes ou mulleres.

2. Do mesmo xeito, deseñarase un modelo básico de uniforme de embarazadas.

Artigo 8. Prohibicións de uso

1. Non se empregarán pezas que non formen parte do uniforme nin se usarán outros distintivos, emblemas, insignias ou condecoracións que non fosen autorizados expresamente pola consellería de pertenza, salvo condecoracións outorgadas por entidades ou organismos do Estado español, de Estados estranxeiros ou por organizacións de dereito público internacional.

2. Con carácter xeral, prohíbese o uso do uniforme estando fóra de servizo.

Artigo 9. Emblema e divisas

1. O emblema dos/das axentes conterá elementos alusivos ás escalas e á súa historia, formando un conxunto co escudo de Galicia, de conformidade co sinalado no anexo II.

2. O uniforme levará o emblema dos axentes. O emblema tamén poderá ser utilizado en todo tipo de medios de transporte que lles sexan propios.

3. Os/as axentes exhibirán no uniforme as divisas descritas no anexo III correspondentes ao seu posto de traballo na parte esquerda do peito. Os tipos de divisas serán os seguintes:

a) Axente base. Unha folla de carballo dourada.

b) Axente zonal. Dúas follas douradas.

c) Axente territorial. Tres follas douradas.

4. As divisas para uso no uniforme serán intercambiables entre as diferentes pezas previstas para levalas.

Artigo 10. Credencial acreditativa: tarxeta identificativa e placa acreditativa

1. Para elaborar a tarxeta identificativa dos/das axentes ambientais de Galicia terase en conta o disposto na presente orde, así coma na Orde do 7 de decembro de 2012, pola que se regula a tarxeta de acreditación especial de empregados públicos do sector público autonómico.

2. A tarxeta identificativa axustarase ao disposto no anexo I.

3. A placa acreditativa engadirá ao emblema a lenda «Axente» e o número de identificación persoal de cada axente na base.

4. A forma, medidas e demais características da placa, que se portará conxuntamente coa tarxeta identificativa, axustarase ao disposto no anexo II.

5. A tarxeta identificativa e a placa acreditativa dos/das axentes irán colocadas na carteira porta distintivos que se detalla no anexo II. Este conxunto será entregado coa toma de posesión dos axentes de novo ingreso e coa entrada en vigor da presente orde. Repoñerase cando estea deteriorado e, en calquera caso, cada cinco anos.

Artigo 11. Utilización dos elementos de identificación

1. Os elementos de identificación dos/das axentes serán propiedade da Xunta de Galicia, que llelos entregará ás súas persoas titulares, os cales deberán garantir a súa custodia e conservación, e deberán comunicar a súa deterioración, perda ou mal funcionamento.

2. No caso do persoal interino, a credencial acreditativa será entregada á persoa superior xerárquica nos supostos de cesamento das súas funcións.

Artigo 12. Réxime disciplinario

O incumprimento desta normativa dará lugar ás responsabilidades previstas na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia.

Artigo 13. Exclusividade de uso

Os elementos de uniformidade e imaxe institucional atribuídos na presente orde ás escalas de axentes son exclusivos destas e non poderán ser utilizados polos membros doutros colectivos ou organismos.

Disposición adicional única

Esta orde non será de aplicación ao persoal da escala que presta servizo no Parque Nacional-Terrestre Illas Atlánticas, ao ter unha uniformidade propia.

Disposición transitoria única

Esta orde será de aplicación ao persoal da escala de axentes forestais e axentes facultativos ambientais declaradas para extinguir pola Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2020

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Tarxeta identificativa dos axentes ambientais de Galicia

A tarxeta identificativa seguirá o seguinte modelo:

Anverso

missing image file

missing image file

missing image file

Reverso

missing image file

ANEXO II

Emblema, placa e carteira portadistintivos

a) Emblema.

O emblema ou escudo na parte central está formado polo escudo de Galicia cruzado por detrás polo marco forestal e a picaraña. Sobre os dous lados do conxunto dúas ramas verdes, unha de loureiro real na parte dereita, e na esquerda, de carballo. Todo o conxunto coroado e inmerso nun contorno tipo Ranger. Nas aplicacións do emblema no uniforme terá as seguintes medidas: brazo esquerdo 10 x 8 cm e en peito dereito 8 x 6,5 cm.

missing image file

b) A placa seguirá o seguinte modelo e será aplicada sobre metal en relevo e con cor.

missing image file

c) Carteira portadistintivos

missing image file

ANEXO III

Divisas e escudo de Galicia

a) Divisas para as persoas integrantes das escalas de axentes forestais, axentes facultativos ambientais e axentes técnicos en xestión ambiental. Medidas 8 x 5 cm.

1. Axente territorial.

missing image file

2. Axente zonal.

missing image file

3. Axente forestal.

missing image file

b) Número de axente.

Medidas 3 x 1,5 cm.

missing image file

c) Escudo de Galicia

Nas das aplicacións do escudo de Galicia no uniforme terá as seguintes medidas: brazo dereito 10 x 8 cm.

missing image file

ANEXO IV

Renovación das pezas do uniforme

Pezas do uniforme

Número inicial de pezas

Renovación (anos)

Número de pezas por renovación

Boina inverno e viseira de verán

1

2

1

Anorak, forro térmico, pantalón impermeable e chaqueta cortaventos

1

3

1

Chaqueta verán

1

4

1

Xersei

2

1

1

Polo manga longa e polo manga curta

3

1

2

Camiseta interior térmica

3

1

1

Pantalón interior térmico

2

2

1

Bufanda tubular, polainas e luvas térmicas

1

2

1

Cinto técnico

2

5

1

Pantalón verán e pantalón inverno

3

1

1

Calcetíns inverno e calcetíns verán

3

1

3

Botas inverno e botas verán

1

2

1

Chuvasqueiro

1

5

1

Equipos accesorios

Número inicial de pezas

Renovación (anos)

Número de pezas por renovación

Chaleco

1(s.n.)

3

1

Vadeador

1 (s.n.)

3

1

Gafas protección

1

1

1

Mochila

1

3

1

Fundas desbotables

1 (s.n.)

s.n. (1)

1

Botas goma

1 (s.n.)

s.n. (2)

1

(s.n) segundo necesidade

ANEXO V

Descrición das pezas e características que compoñen o uniforme clase A e B

1. Anorak.

Prenda técnica impermeable e transpirable. Para actuacións en condicións adversas de frío, choiva e vento. Cor verde forestal. Segundo o deseño mostrado no gráfico.

missing image file

2. Forro térmico.

missing image file

3. Chaqueta cortaventos.

Prenda técnica para protexer do frío pola súa gran capacidade illante. Deseño ergonómico e polivalente. Segundo o deseño mostrado no gráfico.

missing image file

4. Chaqueta de verán.

missing image file

5. Pantalón.

Verán.

Peza técnica que garantirá a protección térmica eficaz das persoas usuarias en ambientes cálidos e a transpirabilidade. Confeccionado en tecido repelente á auga e con alta resistencia á abrasión e á esgazadura.

Inverno.

Garantirá a protección térmica eficaz das persoas usuarias en ambientes fríos e a transpirabilidade. Confeccionado en tecido repelente á auga e con alta resistencia á abrasión e á esgazadura.

missing image file

6. Cubrepantalón.

Pantalón impermeable, transpirable e cortaventos en cor verde forestal. Segundo o deseño mostrado no gráfico.

missing image file

7. Polo manga curta.

Polo técnico de manga curta, pensado para actividades físicas prolongadas.

missing image file

8. Polo manga longa.

Polo técnico de manga longa. Transpirable. Pensado para actividades físicas prolongadas.

missing image file

9. Cinto.

Cinto dobre táctico policial.

missing image file

10. Pantalóns interiores.

Pantalón longo interior de malla. Garantirá a protección térmica eficaz dos usuarios en ambientes fríos e a transpirabilidade.

11. Camiseta térmica de manga longa.

Camiseta longa interior. Garantirá a protección térmica eficaz das persoas usuarias en ambientes fríos e a transpirabilidade.

12. Boina de inverno e viseira de verán.

Estas pezas deberán protexer dos efectos dos raios solares na cabeza da persoa usuaria así como reducir as altas ou baixas temperaturas do contorno. A gorra de verán estará provista de viseira indeformable e maleable, axustable na parte posterior mediante presilla regulable.

missing image file

13. Bufanda tubular de tecido polar.

Garantirá a protección térmica eficaz do pescozo e a cara en ambientes fríos, garantindo a máxima transpirabilidade.

14. Luvas cortavento impermables.

Luvas de tecido polar con membrana que garantan a protección contra o vento, impermeabilidade e transpirabilidade.

15. Chaleco identificativo reflectante.

Garantirá a visibilidade por terceiras persoas en situación de perigosidade. A tonalidade predominante será o amarelo fluorescente. Cintas retro-reflectantes cosidas. Peche central con cremalleira de dobre carro.

missing image file

ANEXO VI

Deseño de rotulación de medios de transporte

missing image file

ANEXO VI

Referencias de cor e tipografía

missing image file

Pantone 19-0414 verde: axentes facultativos ambientais e axentes forestais (en diante, axentes)-con catro velcros para identificación.