Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15227

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 651/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 651/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Nogueiras Barrigón contra David Martínez Pérez e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Alberto Nogueiras Barrigón contra o empresario individual David Martínez Pérez e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto con efectos do 11 de xuño de 2019 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (11 de xuño de 2019), ao cesar a súa actividade a anterior entidade, e condeno o empresario individual David Martínez Pérez ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 1.491,90 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta miña sentenza, o pronuncia, manda e asina a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a David Martínez Pérez, con CIF 78806618Q, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza