Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13635

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras

EDICTO (DCT 176/2016).

Eu, María del Carmen Félix Bermúdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras, polo presente anuncio:

No procedemento DCT 176/2016 seguido a instancia de Juana Mileydi Rodríguez fronte a Vicente Miguel Sola Benlloch ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do tenor literal seguinte:

«Sentenza número 87/2017

Xuíz que a dita: Fernando Barcia González.

Lugar: O Barco de Valdeorras.

Data: 8 de novembro de 2017.

Obxecto do xuízo: a declaración de divorcio do matrimonio formado polas partes mencionadas.

Resolución

Acordo:

1º. Que debo de estimar e estimo a demanda interposta polo procurador dos tribunais Jorge Vega Álvarez, en nome e representación de Juana Mileydi Rodríguez, contra Vicente Miguel Sola Benlloch, en situación de rebeldía procesual, e debo de acordar e acordo a disolución do vínculo matrimonial entre ambos os dous por causa de divorcio.

2º. Non procede a condena en costas.

3º. Firme a presente resolución inscríbase no Rexistro Civil desta vila onde consta o matrimonio (tomo 39, páxina 323, sección 2ª).

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente 3204 0000 02017616 indicando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz»

E encontrándose o devandito demandado, Vicente Miguel Sola Benlloch, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

O Barco de Valdeorras, 9 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza