Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13631

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (SCT 466/2019).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Ana María Díaz Portela fronte a Benigno Ferreiro Fernández ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 25.

Vigo, 3 de febreiro de 2020.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 466/2019, sobre separación matrimonial contenciosa, en que actúa como demandante Ana María Díaz Portela, representada pola procuradora dos tribunais Paula Lima Casas e con asistencia letrada de Jacobo Rey Sanlés, contra Benigno Ferreiro Fernández, declarado en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Procedente da oficina de repartición tivo entrada neste xulgado demanda de separación matrimonial subscrita pola procuradora dos tribunais Paula Lima Casas, que consta na indicada representación, e contra o demandado que figura no encabezamento, na cal despois de expoñer os feitos e fundamentos de dereito en que fundamentaba a súa pretensión e que constan no escrito de demanda, finalizaba pedindo ao xulgado que ditase sentenza de separación matrimonial dos esposos nos termos establecidos no suplico da demanda.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, deuse traslado dela ao demandado, emprazándoo para que no prazo de vinte días comparecese e contestase a demanda en legal forma.

Sen comparecer a parte demandada, declarouse en situación de rebeldía procesual, e convocáronse ás partes á celebración da correspondente vista, a cal tivo lugar o día 30 de xaneiro de 2020.

Terceiro. No acto da vista, a parte demandante ratificou o seu escrito, solicitando a práctica dos medios de proba que tivo por convenientes; admitida e declarada pertinente a que se considerou oportuna, practicouse co resultado que consta en autos, deuse por rematada a vista e quedaron as actuacións conclusas para ditar sentenza.

Cuarto. Na tramitación deste xuízo observáronse os termos e prescricións legais.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Queda acreditado en autos que Benigno Ferreiro Fernández e Ana María Díaz Portela contraeron matrimonio canónico na Guarda (Pontevedra), o día 29 de xaneiro de 1977, ao terse achegado en autos certificación literal da inscrición de matrimonio. Do devandito matrimonio naceron dous fillos chamados Óscar, o día 17 de xuño de 1978, e Ana María, o día 7 de agosto de 1985, como acreditan as certificacións das inscricións de nacemento achegadas.

Con data do 3 de maio de 2019 ten entrada no Decanato dos xulgados de Vigo a presente demanda de separación, que dá orixe a este procedemento.

Segundo. O artigo 81 do Código civil establece que se decretará xudicialmente a separación, calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio, por petición dun só dos cónxuxes, unha vez que transcorran tres meses desde a celebración do matrimonio, tal e como dispón o parágrafo segundo do precepto.

No presente caso, a demandante na súa demanda solicitou a separación, á cal non se opuxo o demandado, que está en situación de rebeldía procesual, polo que despois de transcorreren tres meses desde a celebración do matrimonio procede acceder ao solicitado e declarar a separación pretendida, de conformidade co disposto no artigo 81.2 do Código civil e 770 da Lei de axuizamento civil.

Terceiro. Con relación a determinar os efectos da separación, de conformidade co disposto nos artigos 91 e seguintes do Código Civil, nada procede acordar á parte dos legalmente inherentes á devandita separación.

Cuarto. Atendida a natureza da pretensión e sendo necesario este procedemento para decretar o divorcio, non se fai especial imposición de custas.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Lima Casas, en nome e representación de Ana María Díaz Portela, contra Benigno Ferreiro Fernández, declarado en situación de rebeldía procesual, decreto a separación xudicial do referido matrimonio, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao rexistro civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander na conta deste expediente 3632 0000 00 0466 19 e sinalar no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Benigno Ferreiro Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 4 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza