Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13637

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 246/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 246/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Barreiro Tato, Ramiro López Durán e Manuel Cerdeira Campos contra as empresas Maderas Galifor, S.L. e Procesado de Biomasas del Norte, S.L., sobre despedimento, se ditou a Sentenza do 21 de xaneiro de 2020, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, o cal está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Maderas Galifor, S.L. e Procesado de Biomasas del Norte, S.L., ambas en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza