No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:
Sentenza 32/2020.
Divorcio contencioso 660/2018.
Xuíza que a dita: Laura Guede Gallego.
Lugar: Ourense.
Data: 15 de xaneiro de 2020.
Demandante: Milagros Teresa Blanco Rodríguez.
Avogada: María del Carmen Paradela Gavieiro.
Procuradora: María José Conde González.
Demandado: Pedro Antonio Moreno González.
Vistos os presentes autos número 660/2018 sobre divorcio promovidos pola procuradora Sra. Conde, en nome e representación de Milagros Teresa Blanco Rodríguez, como demandante, asistida pola Sra. Paradela, fronte a Pedro Antonio Moreno González, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.
Resolución.
Acordo a disolución do matrimonio formado por Milagros Teresa Blanco Rodríguez e Pedro Antonio Moreno González con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución. Acórdanse como medidas definitivas:
1. Atribúese a garda e custodia do menor á nai.
2. Establécese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.
3. Establécese como o réxime de visitas un réxime flexible entre pai e fillo, os cales acordarán libremente a forma de comunicarse entre eles.
4. En concepto de alimentos a favor do fillo común establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 100 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa a data 1 de xaneiro.
5. Así mesmo, dentro do concepto de pensión de alimentos, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro.
Así mesmo, imponse a obriga de sufragar o 50 % dos gastos extraordinarios que se poidan producir, diferenciando entre os necesarios (gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) nos cales non é necesario o previo consentimento das partes e os non necesarios (clases extraescolares, viaxes, clases de apoio...) que requirirán o consentimento previo de ambos os proxenitores para seren cubertos. Entenderase prestada a súa conformidade se, requirido un proxenitor polo outro, de forma fidedigna, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixar transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer manifestación ningunha. No requirimento que se realice o proxenitor que pretenda facer o gasto, deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo, e achegar presuposto en que figure o nome do profesional que o expida.
En caso de discrepancias, o gasto extraordinario deberá ser autorizado polo xulgado, conforme o artigo 156 do Código civil, salvo razóns obxectivas de urxencia.
6. Establécese a prohibición de saída do territorio nacional do menor sen autorización expresa de ambos os proxenitores ou no seu caso autorización xudicial.
Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.
Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal. Debendo constituír o depósito legalmente establecido.
E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil Central, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.
Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe.
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Pedro Antonio Moreno González, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.
Ourense, 17 de xaneiro de 2020
O/a letrado/a da Administración de xustiza