Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12835

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (DCO 41/2019-S).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de despedimento colectivo 41/2019 deste Tribunal, seguido por instancia de Miguel Ángel Rodríguez, UXT Galicia contra Elena Barrio López, Juan Carlos Calvo Alejandre e Cufica Los Campos, S.L. sobre outros dereitos laborais, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Acordo:

– A suspensión dos actos sinalados para o día 6 de febreiro de 2020 e fixar nova sinalización para os actos de conciliación e xuízo para o próximo día 26 de marzo ás 10.15 horas coas mesmas advertencias legais do Decreto do 19 de decembro de 2019.

Notifíqueselles ás partes, citando aos demandados a través do Diario Oficial de Galicia, tentando, ademais, a notificación aos administradores mancomunados Francisco Javier Fidalgo Fidalgo e Raúl Real Ante.

Conforme ao artigo 53.2 da LJS no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que deberá expresar a infracción que a xuízo do recorrente se cometeu na resolución impugnada debendo interpoñer o recurso no prazo de cinco días seguintes ao da súa notificación, sen que a mera interposición suspenda a executividade da resolución recorrida».

E para que sirva de notificación en legal forma a Elena Barrio López, Juan Carlos Calvo Alejandre, Cufica Los Campos, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza