Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Abdelkader Tsouli Ben Abdesalan.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2019 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Abdelkader Tsouli Ben Abdesalan (ABI/2016/0010).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. N. núm. 77, do 30.3.2019), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 60, do 27 de marzo), na páxina web da Consellería de Facenda, e foi exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 20 de outubro de 2000, na cidade de Vigo, e que non tiña outorgado testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Vigo, quedando xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información obtida de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Abdelkader Tsouli Ben Abdesalan, con DNI 36141702P, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

– Metade pro indiviso do inmoble destinado a vivenda, dúplex F), dos andares quinto e sexto, con acceso pola escaleira número 2 do edificio identificado actualmente co nº 49 da rúa Marqués de Valterra, da cidade de Vigo. Ocupa 53,92 m2 do andar quinto e 24,99 m2 do andar sexto. Estrema: fronte, rúa de situación; fondo, patio común e zona de entrada; dereita, piso C) da escaleira número 1 do mesmo andar; esquerda, dúplex E) dos mesmos andares, escaleira e zona de entrada. Ten como anexos unha praza de aparcamento sinalada co número 71 e situada no soto primeiro, e un rocho identificado co número 6 no ático do inmoble.

Cota de participación: un enteiro e tres centésimas.

Vivenda cualificada de protección oficial de promoción pública.

Constan cargas hipotecarias, servidumes e dereitos de tanteo e retracto.

Referencia catastral: 2155015NG2725S0073PR.

Valor catastral: 25.245,34 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Vigo nº 5, tomo 1024, libro 1024, folla 7, predio nº 68918.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios.

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112 .1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2020

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda