Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Amparo Alejandre Lores.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 6 de marzo de 2019 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Amparo Alejandre Lores (ABI/2014/0001).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. N. núm. 77, do 30.3.2019), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 60, do 27 de marzo), na páxina web da Consellería de Facenda, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Vilagarcía de Arousa e Vilaboa por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 27 de maio de 2009, no lugar de Bértola, Vilaboa (Pontevedra), e que non tiña outorgado testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Vilaboa, quedando xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información obtida de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante, neste caso, particularmente, os derivados da sucesión da súa irmá premorta Filomena Alejandre Lores non incluídos nesta adxudicación.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Amparo Alejandre Lores, con DNI 35176495L, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

Contratos e outros efectos bancarios:

– Abanca, conta de aforro: 2080 5401 51 3000151638.

– Abanca, conta a prazo: 2080 5401 59 3810113331.

– Banco Santander, conta á vista: 0238 8104 60 0700006668.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios.

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Vilagarcía de Arousa e Vilaboa.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112 .1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución, poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda