Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2020 pola que se notifica o Acordo do 19 de decembro de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 52 Co2, sito en Tordoia, relativo ao proxecto 00193 (expediente 2019/000904).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a María Herminia Ferreira Boquete o Acordo do 19 de decembro de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 52 Co2, sito en Tordoia, relativo ao proxecto 00193 (expediente 2019/000904), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2020

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00193 - CP-8401 ampliación e mellora do trazado da CP-8401 de Tablilla a Agro do Mestre por Pontepedra p.q. 0,000 ao p.q. 5,640. Clave: 0311100013.0, tm Tordoia.

Nº de expediente: 2019/000904.

Persoa que se vai notificar: María Herminia Ferreira Boquete.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Expropiada: María Herminia Ferreira Boquete.

Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.

Predio nº: 52 Co2.

Concello: Tordoia.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do xurado: 226,80 €.