De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante esta cédula a hros. José Flores Costa o Acordo do 19 de decembro de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 168, sito no Rosal, relativo ao proxecto 01757 (expediente 2019/000925), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está a disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2020
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01757-Mellora da estrada PO-353 treito: Pancenteo-Marzán p.q. 3,150 ao 5,360. Clave: PO/14/076.02, tm O Rosal.
Nº de expediente: 2019/000925.
Persoas que se van notificar: hros. José Flores Costa.
Expropiante: CIM Servizo Provincial da AXI de Pontevedra.
Expropiados: hros. José Flores Costa.
Beneficiario: CIM Servizo Provincial da AXI de Pontevedra.
Predio nº: 168.
Concello: O Rosal.
Provincia: Pontevedra.
Valoración da resolución do xurado: 5.250,00 €.