De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a hros. Fernando Doldán Souto o Acordo do 24 de outubro de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 2, sito en Arteixo, relativo ao proxecto 01843 (expediente 2019/000693), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderná interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas, poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1 de Santiago de Compostela, 15781.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2020
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01843. Paseo fluvial contorna marxes río Seixedo. Tm Arteixo.
Nº de expediente: 2019/000693.
Persoa que se vai a notificar: hros. Fernando Doldán Souto.
Expropiante: Concello de Arteixo.
Expropiados: hros. Fernando Doldán Souto.
Beneficiario: Concello de Arteixo.
Predio nº: 2.
Concello: Arteixo.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do xurado: 159,94 €.