Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10137

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PMC 204/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento peza de medidas cautelares 204/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Delfina Alcalde Lojo contra José Ces Alcalde, S.L., Óscar Pérez López, S.L. sobre despedimento se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva.

Acórdase a adopción da medida cautelar de eximir o demandante de acudir a prestar servizos, con mantemento da obriga do empresario de aboar o salario e a cotización correspondente, durante a tramitación da causa principal sen prexuízo do que se poida resolver na sentenza que recaia nesta. Notifíquese a presente resolución ás partes coa advertencia de que contra esta, cabe recurso de reposición no prazo de tres días».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercantil Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza