Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 26 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Aviporto, S.L. para unha granxa de polos de ceba e planta de fabricación de fertilizante (expediente 2019-IPPC-M-55).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Memoria. Revisión de autorización ambiental integrada AAI. Nº de rexistro AAI: 2004/0071_AIA/IPPC_22. Aviporto, S.L., decembro 2019

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-55.

Número da autorización ambiental integrada: 2004/0071_AIA/IPPC_022.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.a do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Aviporto, S.L.

Enderezo da instalación: lugar de Toxibo, Gonzar, s/n, 27170 Portomarín, provincia de Lugo (polígono 40, parcela 74, agrupación 69+70).

Actividade principal: a explotación constitúe un núcleo de 7 naves con capacidade para 196.338 prazas de polos de engorda e unha planta técnica para a fabricación de fertilizante con galiñaza propia e doutras granxas.

Verteduras: para as augas fecais e residuais existe unha fosa séptica, previamente á infiltración ao terreo. Para as augas pluviais, cóntase cun sistema de recollida que as dirixe a unha balsa de decantación de sólidos en suspensión, previamente á incorporación ao terreo.