Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9014

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 515/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 515/2017 por instancia de María Rosario Costa Noya contra Confecciones Deus, S.L. e outros, sobre PO, nos cales se ditou sentenza en data 14 de xaneiro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Fallo

Estímase a demanda formulada por María Rosario Costa Noya fronte ás empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Shivshi, S.L. e Vainica Doble, S.L., así como os administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Bendita Costura, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Deus Creaciones, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de tres mil seiscentos cincuenta e tres euros con vinte e sete céntimos de euro (3.653´27 euros), e os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %. Das ditas cantidades responderán solidariamente as empresas Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Shivshi, S.L. y Vainica Doble, S.L., vinculando as administracións concursais de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Bendita Costura, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Shivshi, S.L. e Vainica Doble, S.L., así como aos administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Bendita Costura, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza