Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9013

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 323/2016).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 323/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iago Méndez López contra Nutrifitness Personal Trainers, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a Resolución do 17 de xaneiro de 2019 contra a cal non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da Lei reguladora da xurisdición social. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Nutrifitness Personal Trainers, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza