Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9016

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 551/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 551/2017 por instancia de María Belén López Costoya contra Haiku Cenzontle, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou a Sentenza do 14 de xaneiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por María Belén López Costoya contra a empresa Haiku Cenzontle, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Haiku Cenzontle, S.L. a aboarlle a María Belén López Costoya a cantidade de tres mil douscentos trinta e seis euros con noventa e nove céntimos de euro (3.236,99 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colegiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Haiku Cenzontle, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza