Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2020 Páx. 8145

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 623/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 623/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Outeiral Lago contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva di:

Acordo admitir a demanda presentada.

– Citar as partes para que comparezan o día 10 de marzo de 2020, ás 12.00 horas, na planta baixa, sala 1, no edificio na rúa Berlín, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non alcanzarse a avinza, ao acto de xuízo.

– Advírtaselles ás partes que, no caso de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante que non compareza se considerará desistido da súa demanda e que a incomparecencia do demandado non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo, continuando o procedemento sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), dáse conta ao xuíz con carácter previo.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. Fáiselle saber á destinataria que ten ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta, e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza